Ligio Zanini

Ligio Zanini, nado en Ruvèigno o 30 de setembro de 1927 e finado en Pola o 1 de xullo de 1993, foi un escritor istriota, recoñecido como o máximo poeta en lingua istriota [1].

Ligio Zanini
Nacemento30 de setembro de 1927
 Rovinj
Falecemento1 de xullo de 1993
 Pula
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Ocupaciónpoeta e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De familia humilde, naceu na localidade costeira de Ruvèigno, daquela territorio italiano. En 1935 por mor das dificultades económicas polas que pasaba seu pai, carreteiro de profesión, a familia transladouse a Pola, antiga localidade de fala istriota pero que na época mudara xa completamente cara a unha vila de fala istrovéneta, e Ligio tivo problemas de inserción ao non coñecer a lingua. Contra o final da Segunda guerra mundial entrou en contacto coa xuventude antifascista de Istria e tras a guerra o territorio pasou a administración iugoslava. En 1947 Zanini diplomouse no Istituto Magistrale, en pleno do éxodo da minoría italiana.

Zanini uniuse ao Partido Comunista de Iugoslavia (PCJ) e principiou a dar clases en primaria, e ao pouco asumiu a xefatura da escola italiana do departamento de instrución de Pola. Así e todo, entendeu que esta asignación lla confiaran por mozo e inexperto e facilmente influenciado por funcionarios eslovenos e croatas; a partir de aquí, Zanini comezou un camiño de amarga reflexión sobre a manipulación das ideoloxías, e en 1948 - no medio do período turbulento da ruptura entre Tito e Stalin, e mais de caza ao Kominform en Iugoslavia decidiu condenar a ambas as dúas posicións, renunciando á militancia no PCJ. En xaneiro de 1949 a policía secreta de Iugoslavia internouno no cárcere local e a continuación, en xuño, recibiu unha condena de trece meses a traballos forzados no campo de Goli Otok. A pena prolongouse, e Zanini, finalmente, pasou case tres anos na cadea, a experiencia marcouno de por vida.

En 1952 logrou a liberdade, baixo o compromiso de non falar das experiencias pasadas na illa, por un período considerado de "liberdade vixiada". Tivo que traballar nun almacén no estaleiro "Stella Rossa" en Pola, prohibíndolle ensinar. Grazas á axuda de amigos e intelectuais locais, que coñecían da súa produción poética, difundida en copias mecanografadas, atopou un novo emprego como un contable, e a partir de 1959 puido volver ao ensino. Mudouse a Salvore, coa encarga de reactivar a escola primaria italiana, pechada en 1953 por imposición das autoridades iugoslavas. Pasou cinco anos na pequena vila, e fundou un círculo italiano local. En 1964 volveu a Ruvèigno como contable ata que renunciou en 1966, vivindo da pesca ata 1972, cando lle ofreceron un posto como profesor na escola de Valle, e alí permaneceu ata a xubilación. En 1979 graduouse na facultade de Pedagoxía da Universidade de Pola.

PoesíaEditar

A súa obra está delimitada, tanto xeográfica como tematicamente nun triángulo de terra e auga, da que fornece descricións puntuais e minuciosas, enumerando os seus bosques, montes, aldeas, igrexas, canles, regatos, enseadas, rochas, tramos de costa, illas, caladoiros; xogando por unha banda, coa sensación de inmediatez, de achegamento á realidade local e pola outra - para o lector foráneo - coa idea do exotismo fantástico. Na súa intención de facerse comprender, moitas veces Zanini engade notas ao rodapé, e traduciu toda a súa lírica - orixinalmente escrita en istrioto - á lingua italiana. Pero sobre todo Zanini cantou ao mar, a súa propia relación de andar ao mar pero tamén das súas criaturas, cheas de humildade de reverencia, o que lle permite acceder os seus segredos e froitos. A súa constitúe unha poesía lírica esteticamente refinada[2].

Coa súa obra, Zanini busca non só introducir ao lector no seu mundo, senón tamén preservar - polo menos desde o punto de vista da memoria, o dialecto ruveignono, desprazado polo cambio radical na composición étnica dos cidadáns seguindo o éxodo de gran parte da poboación autóctona.

Zanini intenta relacionarse tamén co novo habitante de Ruvèigno, de lingua eslava, mentres que entende a súa obra un valor de "transmisión dunha memoria intransferible" que non pode cambiar o significado da historia.

NarrativaEditar

A principal contribución de Zanini á narrativa foi a novela autobiográfica en italiano Martin Muma publicada nos últimos anos da súa vida, en 1990 e pouco antes da independencia de Croacia e da desaparición de Iugoslavia. Constitúe unha narración autobiográfica da traxedia de Goli Otok, coa súa deshumanización, de degradación e de horror mais tamén é a saga dunha comunidade e dunha terra, dos seus padacementos e da súa desilusión. Publicouse por primeira volta na revista La Battana en 1990 e en forma de libro en 1999.

Poesía en istriotoEditar

  • Móussoli e scarcaciuò , ALUT, Trieste 1965
  • Bulèistro, Scheiwiller, Milano 1966
  • Mar quito e alanbastro , in Antologia di "Istria Nobilissima", 1968
  • Tiera vieicia-stara , in Antologia di "Istria Nobilissima", 1970
  • Favalando cul cucal Filéipo in stu cantun da paradéisu , UIIF-UPT, Trieste 1979 (traducido ao croata en 1983)
  • Sul sico de la Muorto Sagonda, Campanotto Editore, Udine 1990
  • Cun la prua al vento , Scheiwiller, Milano 1993

Narrativa en italianoEditar

  • Topo Gigio e le talpe ingorde "La Battana", Fiume 1978 (conto)
  • Martin Muma, "La Battana", Fiume 1990 (novela)

NotasEditar

  1. Claudio Magris, Addio a una pura voce dell'Istria: Ligio Zanini, il poeta e il gabbiano Filippo, Corriere della Sera, 11 de xullo de 1993, p.19
  2. Zanini Ligio en Istriapedia