Liebestod
Liebestod (en lingua galega "Morte de amor", do alemán Liebe: amor; Tod: morte), é o termo acuñado para describir a aria final do drama musical Tristan und Isolde de Richard Wagner. Musicalmente, sinala un dos cumios do romanticismo tardío, onde a tonalidade é levada ao límite.
Descrición e historiaEditar
No tráxico final da ópera, a heroína Isolde transfigúrase cara outra dimensión "morrendo de amor" fronte ao corpo sen vida do seu amado Tristan.
Cando se emprega como un termo literario, Liebestod (do alemán Liebe, amor; e Tod, morte) refírese ao tópico literario da morte erótica ou "morte no amor" pola que os dous amantes consuman o seu amor na morte ou despois de morrer. Xa se observaran situacións similares en Romeo e Xulieta de Shakespeare e As mágoas do mozo Werther de Goethe, aínda que Wagner lévao ao límite musical e dramaticamente.
De acordo ao texto (do propio Wagner) o Liebestod non está asociado coa dor física, é unha transformación, un paso a outra dimensión, onde ondas de son a cargo da masa orquestral somerxen a voz da protagonista ata facela desaparecer.
No momento da súa composición Wagner vivía un romance ilícito - aparentemente platónico - con Mathilde Wesendonck, poeta e esposa do seu mecenas, o banqueiro Otto Wesendonck. Wagner inmortalizou a imposibilidade de concretalo no tráxico amor da lenda celta de Tristán e Isolda e nas Wesendonck Lieder, dúas das cales serviron de bosquexos para a música da ópera ou drama musical segundo a caracterización do compositor.
InterpretaciónsEditar
Non só como corolario da obra senón que tamén é interpretado en concertos seguindo ao preludio do drama Tristan und Isolde, sendo unha das máis populares pezas wagnerianas no repertorio sinfónico. Do mesmo xeito, algúns directores escollen interpretacións sen a soprano, quedando como unha peza sinfónica. Franz Liszt, sogro de Richard Wagner (casado con Cosima Liszt), fixo unha versión para piano.
TextoEditar
orixinal en alemán
|
tradución ao galego
|
---|---|
Mild und leise |
Que doce e suave |
AdaptaciónsEditar
Mild und leise é tamén o título dunha composición sintetizada de 18 minutos de Paul Lansky, composta en 1973 nun IBM 360. Partes dela chegaron a ser as bases para a canción de Radiohead "Idioteque".
O compositor brasileiro residente nos Países Baixos Cristiano Melli compuxo "Immer Lichter" (2012) para fagot so, baseado na liña vocal de Isolde.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Elisabeth Bronfen: Liebestod und Femme fatale. Der Austausch sozialer Energien zwischen Oper, Literatur und Film, Frankfurt am Main: Suhrkamp 2004. ISBN 3-518-12229-0