Libythea celtis

especie de insecto

Libythea celtis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Nymphalidae
Subfamilia: Libytheinae
Xénero: Libythea
Especie: L. celtis
Nome binomial
'Libythea celtis'
(Laicharting, 1782)

Libythea celtis é unha especie de lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae.[1][2]

Distribución editar

Atópase ao norte de Alxeria e Tunisia, sur de Europa, Turquía, centro e noroeste de Asia até o Xapón e illa de Taiwan.[3]

Na Península Ibérica é moi esporádica e rara, aínda que é máis frecuente nos Pireneos. Ausente nas Baleares. As poboacións europeas e africanas viven entre os 400 e os 1500 m s. n. m.[4]

 
Lodoeiro (Celtis australis), principal planta nutricia da eiruga.

Hábitat editar

Preferentemente áreas abertas e arbustivas con árbores caducifolias dispersas e non moi grandes. A eiruga aliméntase de lodoeiro (Celtis australis); en puntos do sueste de Europa, onde esta planta é escasa, podería utilizar outras especies do xénero Celtis, feito confirmado con Celtis caucasica no noroeste de Asia.[4]

Período de voo e hibernación editar

Hibernan como imago nos arbustos, cousa útil, posto que en repouso aseméllanse a unha folla seca, imitan mesmo o pecíolo, grazas aos seus palpos prominentes.

Os primeiros individuos obsérvanse entre marzo e abril, e a súa descendencia emerxe entre xuño e agosto. A especie é univoltina.[4]

Comportamento editar

A mediados ou finais de verán, algúns individuos dispérsanse en áreas moi extensas para colonizar novas zonas (chegouse a observar exemplares divagantes a uns 2300 m).[4]

Os adultos adoitan tomar o sol coas ás abertas sobre as árbores; en cambio, cando baixan a terra non adoitan abrir as ás. Os machos acabados de emerxer ás veces concéntranse en bebedoiros como charcos.

Notas editar

Véxase tamén editar