Lewis Pingo

gravador da Casa da Moeda de Londres

Lewis Pingo, nado en Londres en 1743 e finado en Camberwell, Londres, o 26 de agosto de 1830, foi un destacado gravador e medallista británico, que ocupou o posto de gravador xefe da Casa da Moeda de Londres de 1779 a 1815.

Infotaula de personaLewis Pingo
Biografía
Nacemento1743 Editar o valor em Wikidata
Morte1830 Editar o valor em Wikidata (86/87 anos)
Actividade
Ocupaciónmedallista Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSarah Rowley
FillosSarah Pingo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiThomas Pingo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Tarxeta comercial de Lewis Pingo e o seu irmán John Pingo (1780).[1]

Lewis Pingo naceu en 1743 en Londres. Pertencía a unha familia de recoñecidos gravadores e medallistas; era fillo do gravador asistente da Royal Mint Thomas Pingo,[2][3] e irmán do tamén gravador John Pingo.[4]

En 1776 foi designado como sucesor do seu pai no posto de gravador axudante na Royal Mint, posto que mantivo ata 1779, cando foi nomeado gravador xefe.[5] Ocupou este cargo ata a súa xubilación en 1815, aos 72 anos.[2][3]

 
½ guinea de Xurxo III (1795).

Ao longo da súa carreira, Pingo gravou os cuños para diversas moedas circulantes e emisións en proba británicas a nome de Xurxo III (1760-1801),[6][7] como os xilins e as moedas de seis peniques emitidas en 1787, a serie da guinea de ouro e os seus divisores, e tamén a segunda versión da serie Maundy do mesmo monarca.[8] Tamén gravou os cuños da moeda de prata de tres xilins emitida polo Banco de Inglaterra e para a moeda de cobre da Compañía das Indias Orientais.[9]

6 peniques (1787).[10]

Entre as medallas creadas por Pingo cabe salientar a do doutor Richard Mead (1773); a medalla Copley da Royal Society, co busto de James Cook (1776); a medalla Freemasons' Hall (1780) e a da defensa de Xibraltar (1782) entre outras moitas.[11][12]

A modo de sinatura de artista, Pingo adoitaba incluír nas súas creacións as iniciais L. P. ou L. PINGO.[5]

Vida persoal editar

Lewis Pingo casou dúas veces e tivo oito fillas. Unha das súas esposas foi Sarah Rowley, filla do vicealmirante Sir Joshua Rowley.[4][13]

Pingo finou en Camberwell o 26 de agosto de 1830, aos 87 anos.[2][5]

Notas editar

  1. "print; trade-card". The British Museum.
  2. 2,0 2,1 2,2 Forrer, L. (1909). Páxina 551.
  3. 3,0 3,1 "Lewis Pingo 1743 - 1830". Science Museum Group.
  4. 4,0 4,1 Wroth, W. W. (1895-b-).
  5. 5,0 5,1 5,2 Wroth, W. W. (1895).
  6. Crowther, Geoffrey (1887). A Guide to English Pattern Coins in Gold, Silver, Copper, and Pewter: From Edward I to Victoria. Londres. Páxina 36.
  7. Montagu, H. (1885). The Copper, Tin and Bronze Coinage and Patterns for Coins of England. Rollin & Feuardent, Londres. Páxinas 132, 134.
  8. Hawkins, E. (1841). The Silver Coins of England. E. Lumley, Londres. Páxinas 245, 250.
  9. Moedas deseñadas por Lewis Pingo. Numista.com
  10. [Pence - George III]. Numista.com.
  11. Forrer, L. (1909). Páxinas 551-555.
  12. Cochran, Pick, Robert (1884). Catalogue of the medals of Scotland. Duglas, Edimburgo. Páxina 108.
  13. Cokayne, G. E. (1900). The Complete Baronetage. Gloucester. Páxina 253.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar


Predecesor:
Richard Yeo
Gravador xefe da Casa da Moeda de Londres (Royal Mint)
1795 - 1815
Sucesor:
Thomas Wyon