Levanzo (Sicilia: Lèvanzu) é a máis pequena das tres principais Illas Égadi no Mediterráneo ao oeste de Sicilia, Italia. Forma parte da municipalidade (comune) de Favignana na Provincia de Trapani.

Levanzo
Phorbantia
Illa de Levanzo
Localización da illa
Situación
PaísItalia Italia
ComunaFavignana
ProvinciaTrapani
ArquipélagoIllas Égadi
MarMar Mediterráneo
CoordenadasCoordenadas: 38°00′00″N 12°20′00″L / 38, 12.333333333333
Xeografía
Superficie5,82 km²
Punto máis alto278 m. Pizzo Mónaco
Demografía
Poboación208 (2011)
Lingua propiaItaliano

Levanzo ten unha superficie de 5´82 km². O punto máis alto é Pizzo Mónaco cunha altura de 278 m. A illa tiña ao redor de 200 habitantes no ano 2011. A poboación céntrase principalmente ao redor do pequeno porto, que dá moi pouco refuxio das tormentas.

O nome antigo da illa era "Phorbantia", que é unha especie de plantas que crecen alí.

Levanzo é famoso pola "Grotta do Genovese", con arte rupestre Neolítico e do Paleolítico.

Ademais, nas augas de Cala Minnola, no lado oriental da illa de Levanzo, atópase un dos sitios arqueolóxicos máis importantes de Sicilia baixo a auga na que un buque de carga romano, cargado de ánforas de viño, a uns 27 metros de profundidade.[1]

Galería de Imaxes editar

Notas editar

  1. Bruno, F.; et al. (2017). Virtual diving in the underwater archaeological site of Cala Minnola. Int. Arch. Photogramm. Remote Sens. Spatial Inf. Sci., XLII-2/W3. pp. 121–126. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar