A illa Flavignana é a principal illa do arquipélago das Illas Égadi. Esta a uns 7 quilómetros da costa oeste de Sicilia entre Trapani e Marsala. Pertence administrativamente ao municipio de Favignana na Provincia de Trapani como as demais illas do arquipélago.

Favignana
Aegusa
Localización da illa
Situación
PaísItalia Italia
ComunaFavignana
ProvinciaTrapani
ArquipélagoIllas Égadi
MarMar Mediterráneo
CoordenadasCoordenadas: 37°55′31″N 12°19′44″L / 37.92528, 12.32889
Xeografía
Superficie19 km²
Punto máis alto314 m. Mont-Catherine
Demografía
Poboación3.500 hab. (2010)
Lingua propiaItaliano

Xeografía editar

A illa ten unha área de 19 quilómetros cadrados e unha costa de 33 quilómetros por moi accidentada, rica en cavidades e covas. O primeiro nome de Favignana foi 'Aegusa' que significa bolboreta, un nome que se deu en relación coa súa forma. O seu nome actual deriva de Favonio, un vento cálido do oeste, o que provoca un clima moi suave. A altura máxima da illa é o Mont-Catherine o cal elévase a 314 metros. Na costa sur atópanse os illotes Galera e Galeotta.

Historia editar

Favignana non ten ningún rastro prehistóricos de presenza humana. É mencionada por Tucídides como a sede de aprendizaxe fenicio. Contén trazas dun cemiterio paleocristián.

 
Favignana, Levanzo e Sicilia occidental, en foto de Copernicus Sentinel

En 1081, os normandos construíron unha aldea e fortificacións, incluíndo o Forte de San Giacomo e o forte de Santa Caterina. En 1874, a illa pertence aos Florio que poñen en valor as almadravas e ordenan a construción dunha vila de estilo libre. Favignana é coñecido polas súas cavidades de toba volcánica polas súas covas e a súa antiga tradición de almadravas de atún, de inspiración árabe. A almadrava de Favignana é unha das únicas que seguen en funcionamento en Italia.

Flora editar

Durante a antigüidade a illa era rica en vexetación, hoxe en día e bastante arida, vítima da deforestación.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar