Rapante común

especie de peixe
(Redirixido desde "Lepidorhombus whiffiagonis")
Rapante común
Lepidorhombus whiffiagonis
Lepidorhombus whiffiagonis 4G.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Scophthalmidae
Xénero: Lepidorhombus
Especie: L. whiffiagonis
Nome binomial
Lepidorhombus whiffiagonis
(Walbaum, 1792)

O rapante común[1][2][3], tamén chamado rapante[4][5] ou meiga[6], ( Lepidorhombus whiffiagonis, Walbaum 1792) ) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos escoftálmidos,[7]

TaxonomíaEditar

A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista e taxónomo alemán Johann Julius Walbaum, baixo o nome de Pleuronectes whiffiagonis,[7] na súa edición da obra de Peter Artedi Petri Artedi sueci genera piscium in quibus systema totum ichthyologiae proponitur cum classibus, ordinibus, generum characteribus, specierum differentiis, observationibus plurimis: redactis speciebus 242 ad genera 52: Ichthyologiae pars 3. Ant. Ferdin. Röse: Grypeswaldiae.
(Ampliación da terceira parte da Ichthyologiae de Artedi, orixinalmente editada por C. Linnaeus.)

SinónimosEditar

Ao longo do tempo, ademais de polo nome orixinario citado, esta especie foi coñecida polos seguintes sinónimos:[7]

  • Lepidorhombus megastoma Donovan, 1804
  • Pleuronectes megastoma Donovan, 1804
  • Pleuronectes pseudopalus Pennant, 1812
  • Rhombus (Lepidorhombus) whiffiagonis (Walbaum, 1792)

DescriciónEditar

 
Rapante de gran tamaño pescado en Irlanda.

As principais características morfolóxicas de Lepidorhombus whiffiagonis son:[2]

  • Corpo ovalado, alongado, delgado e translúcido, de até case 60 cm de lonxitude.
  • Boca grande e oblicua. oa mandíbula inferior máis desenmvolvida que a superior; dentes pequenos, aguzados e curvados cara a atrás.
  • Ollos de tamaño mediano.
  • Escamas pequenas e caedizas.
  • Liña lateral ben marcada, e curvada sobre a aleta pectoral
  • Aleta pectoral do lado cego algo máis pequena que a do lado pigmentado. Aletas pelvianas bastante separadas da anal. Aleta caudal ampla e arredondada.
  • Coloración castaña clara no lado pigmentado, ás veces con manchas arredondadas máis escuras (especialmente nos exemplares capturados no gran Sol), e branca no lado cego.

DistribuciónEditar

Distribúese polo Atlántico nororiental, desde Islandia e o noroeste de Noruega até o sur do cabo Bojador (26° N), Sáhara Occidental e as illas Azores, e polo Mediterráneo, sendo máis abundante no sur de Noruega, costas occidentais das illas Británicas e Francia, e as da península Ibérica, até o cabo da Roca.[8][9]

Hábitat e bioloxíaEditar

 
Rapante fritido.

HábitatEditar

Vive sobre fondos areosos ou mixtos, de 50 a 500 m de profundidade, aínda que ás veces pódese encontrar nadando libremente. É raro velo preto da beiramar.[2][8]

BioloxíaEditar

Nutrición

Aliméntase de pequenos peixes bentónicos, moluscos e crustáceos.[2][8]

Reprodución

Desova en augas profundas de Islandia e o oste das illas Británicas, desde marzo a xuño. Os ovos, de 1 mm de diámetro, elosionan ao cabo dunha semana. As larvas son peláxicas, e os novos van descendendo cara ao fondo cando acadan os 20 mm de lonxitude.[8]

En GaliciaEditar

A primeira cita desta especie en Galicia débese a De Buen, no seu traballo de 1935 "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abismos próximos. II parte!, Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 1-89.[2]

NotasEditar

  1. Rodríguez Solórzano´et al. (1983), pp. 181-182.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 282-283.
  3. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rapante.
  5. Ademais, en moitos mercados, polo castelanismo gallo.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para meiga.
  7. 7,0 7,1 7,2 Lepidorhombus whiffiagonis (Walbaum, 1792) no WoRMS.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Muus, Bent J. et al. (1998), pp. 254-255.
  9. Lepidorhombus whiffiagonis (Walbaum, 1792) en FishBase.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, Estados Unidos: T.F.H. Publications. ISBN 978-1-890087-02-9.
  • Helfman, G.; B. Collette & D. Facey (2009): The diversity of fishes. 2ª ed. Malden, Massachusetts, Estados Unidos: Blackwell Science. ISBN 978-1-4051-2494-2.
  • Moyle, Peter B. & Cech, Joseph J. Jr. (2003): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 5ª ed. Upper Saddle River, New Jersey, Estados Unidos: Prentice-Hall. ISBN 978-0-13-100847-2.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.* Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • van der Land, J.; Costello, M.J.; Zavodnik, D.; Santos, R.S.; Porteiro, F.M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W.N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.
  • Wheeler, A. (1985): The World Encyclopedia of Fishes, 2ª ed. Londres: Little, Brown Book Group UK. ISBN 978-0-356-10715-8.

Ligazóns externasEditar