Lepidopsetta
Lepidopsetta | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lepidopsetta bilineata | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
Lepidopsetta é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] que comprende tres especies propias das costas do Pacífico norte.
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Taxonomía
editarO xénero foi descrito por primeira vez en 1872 polo ictiólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.[1]
Etimoloxía
editarO nome científico do xénero, Lepidopsetta, está formado pola raíz do latín científico lepido-, derivada do termo do grego antigo λεπίς, λεπίδος lepís, lepídos, "escama", unido ao nome do xénero Psetta, derivado do grego antigo ψῆττα psḗtta, un peixe plano, quizais a solla ou o rodaballo (cómpre recordar que Psetta é un sinónimo de Scophthalmus, ao que pertence o rodaballo (Scophthalmus maximus = Psetta maxima).
Especies
editarNa actualidade recoñécese, dentro deste xénero, as seguintes tres especies:[1][2][3][4]
- Lepidopsetta bilineata (Ayres, 1855) - solla de rocha do Pacífico.[5]
- Lepidopsetta mochigarei Snyder, 1911
- Lepidopsetta polyxystra Orr & Matarese, 2000
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lepidopsetta Gill, 1862 no WoRMS,
- ↑ Lepidopsetta no SIIT.
- ↑ Lepidopsetta no NCBI.
- ↑ Especies de Lepidopsetta en FishBase.
- ↑ Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lepidopsetta |
Bibliografía
editar- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Lepidopsetta na EOL.
- Lepidopsetta en ADW.