Leopoldo Rojo Iglesias
Leopoldo Rojo Iglesias, nado en Fanoi (Abadín) o 23 de marzo de 1888 e finado na mesma parroquia o 21 de xaneiro de 1985, foi un avogado, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1888 Fanoi, España |
Morte | 21 de xaneiro de 1985 (96 anos) Fanoi, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , xornalista , político |
Traxectoria
editarFillo de Aquilino Rojo Cordero e Remedios Iglesias Barja. Estudou no Seminario de Mondoñedo, onde foi compañeiro e amigo de Ramón Lorenzo González. Fixo o bacharelato no Instituto de Lugo.[1] Colaborou en Mondoñedo, La Voz de Mondoñedo e Don Fino de Mondoñedo, onde publicou artigos e poemas, na maioría dos casos con pseudónimo, e ¡Guau... Guau! de Foz.
Comezou a escribir unha obra de teatro co título El Cacique,[2] que non chegou a rematar. Obtivo un accesit nos Xogos Florais das Festas de San Froilán de 1915 polo poema "Escribín pra cinco temas dos postos n'este concurso etc".[3] Acadou unha mención honorífica polo poema "A miña vivenda" na Festa da Poesía organizada pola Asociación da Prensa de Lugo en 1933,[4] que despois publicou El Progreso.[5]
Militante de Izquierda Republicana, logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi o delegado gobernativo que deu posesión á nova corporación de Abadín presidida por Ángel Verdes Saavedra,[6] sendo el mesmo nomeado concelleiro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expendientado e sancionado por responsabilidades políticas.[7]
Notas
editar- ↑ El Norte de Galicia, 2-10-1908, p. 2.
- ↑ O cacique. Leopoldo Rojo Iglesias
- ↑ La Voz de la Verdad, 6-10-1915, p. 1.
- ↑ El Progreso, 7-10-1933, p. 1.
- ↑ El Progreso, 11-10-1933, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-3-1936, p. 15.
- ↑ BOE, 3-10-1940, p. 4617.