Leopold Berchtold
Leopold Anton Johann Sigismund Josef Korsinus Ferdinand Berchtold (18 de abril de 1863 – 21 de novembro de 1942) foi un político austro-húngaro, exercía de ministro de asuntos exteriores ó estalar a primeira guerra mundial.
Leopold Berchtold | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de abril de 1863 |
Viena | |
Falecemento | 21 de novembro de 1942 |
Sopron e Peresznye | |
Nacionalidade | Austria |
Ocupación | diplomático e político |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro e Knight Grand Cross of the Order of Saint Stephen of Hungary |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Un dos homes máis ricos do Imperio, posuía terras en Hungría e Moravia. En 1893 entrou no corpo diplomático, estivo destinado en Londres e París e en 1907 recibiu o nomeamento como embaixador en Rusia ata 1912 ó ser nomeado ministro de Asuntos Exteriores austrohúngaro.
Durante as guerras dos Balcáns de 1912-1913 evaluou a hipótese de entrar en guerra contra Serbia, o que finalmente non se realizou. Co asasinato do arquiduque Francisco Fernando a mans de nacionalistas serbios de Bosnia o 28 de xuño de 1914, Berchtold viu unha oportunidade para humillar a Serbia, presionando para unha invasión inmediata de Serbia, sen unha declaración previa de guerra, pero contou coa oposición do primeiro ministro húngaro, Istvan Tisza, partidario dunha solución diplomática.
Berchtold convenceu ó emmperador para enviarlle un ultimato inaceptable a Serbia o 23 de xullo, rexeita a resposta e persuadiu ó emperador para declararlle a guerra o 28 de xullo. Enfrontado cos outros membros do goberno a causa da súa postura de cederlle a Italia o Trentino a cambio da súa neutralidade tivo que renunciar ás súas funcións o 13 de xaneiro de 1915, substituído polo barón Istvan Burian.
Berchtold retirouse da vida pública e vivindo nas súas posesións en Hungría.
BiografíaEditar
- Hantsch, Hugo. Leopold Graf Berchtold: Grandseigneur und Staatsmann. Graz [Austria]: Verlag Styria, 1963.