Leonid Kadeniuk

astronauta ucraíno

Leonid Kostiantinovich Kadeniuk, nado en Chernivtsi (Ucraína) o 28 de xaneiro de 1951 e finado o 31 de xaneiro de 2018, foi un astronauta ucraíno que formou parte da misión STS-87.[1][2]

Leonid Kadeniuk
Datos persoais
Nacemento28 de xaneiro de 1951
LugarKlishkivtsi
Falecemento31 de xaneiro de 2018
Actividade
MisiónsSTS-87
Tempo no espazo15,69 días
PremiosMedal "For the Glory of Chernivtsi", Order of Merit (Ukraine), 3rd class, Hero of Ukraine, Order of the Gold Star, Ordem pela Coragem, Medalha do Jubileu de 50 anos das Forças Armadas da URSS, Jubilee Medal "60 Years of the Armed Forces of the USSR", Medalha do Jubileu de 70 anos das Forças Armadas da URSS, NASA Space Flight Medal, Registered firearms, Merited master of sports of the Ukraine, Medal "For Impeccable Service", 3rd class, Medal "For Impeccable Service", 2nd class e Order for Bravery 1st Class of Ukraine
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Kadeniuk graduouse na Escola Superior de Aviación de Chernihiv en 1971 e no Instituto do Estado de Investigación Científica da Forza Aérea Soviética para adestramento de pilotos de probas en 1977. Rematou o seu adestramento como cosmonauta da Unión Soviética no Centro de Adestramento para Cosmonautas Yuri Gagarin en 1978. Obtivo tamén un máster en enxeñería mecánica polo Instituto de Aviación de Moscova en 1989.[1][2]

Kadeniuk nunca chegou a voar nunha misión da Unión Soviética. Despois da independencia de Ucraína foi seleccionado pola Axencia Espacial Nacional de Ucraína en 1996 para voar nunha misión da NASA, a STS-87, na que pasou 15,69 días no espazo. Faleceu o 31 de xaneiro de 2018.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Kadenyuk, Leonid Konstantinovich" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (abril de 2001). "LEONID K. KADENYUKNSAU ASTRONAUT" (PDF) (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar