Leoncio II
Leontios (Λεόντιος), en galego Leoncio,[1] nado en 660 e finado en 705, foi un emperador bizantino que reinou durante uns poucos anos a finais do século VII. Durante o seu breve reinado (695-698) os bizantinos perderon a súa provincia do norte de África (Cartago), que caeu en mans dos árabes.
Leoncio II | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 660 |
Lugar de nacemento | Isauria |
Falecemento | 15 de febreiro de 706 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Causa | decapitación |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | gobernante |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Leoncio fora un xeneral que servira aos emperadores Constantino IV e Xustiniano II. Xustiniano II mandouno encarcerar tras ser derrotado polos árabes en Sebastopolis. Foi liberado en 695 e inmediatamente organizou un golpe de estado que depuxo a Xustiniano II; un emperador que era odiado pola poboación debido á súa dura política fiscal. Leoncio ordenou amputar o nariz a Xustiniano II e desterralo á colonia de Querson situada en Crimea.
O reinado de Leoncio durou escasamente tres anos e foi bastante impopular. O acontecemento máis importante do seu reinado foi a perda do Norte de África que foi conquistada polos árabes entre 697 e 698. Unha frota bizantina enviada a defender a provincia e que foi derrotada, proclamou como emperador ao seu comandante Apsimar. Ao seu regreso a frota depuxo a un Leoncio, que fora incapaz de asentar o seu poder e Apsimar, que tomou o nome de Tiberio III substituíuno como emperador.
Leoncio foi mutilado e encerrado nun convento polo seu sucesor, onde viviu ata 705, cando Xustiniano II recuperou o trono e como vinganza polos sucesos de 695 mandou executalo.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leoncio II |
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Xustiniano II |
Leoncio II | Precede a: Tiberio III |
Dinastía dos Heráclidas |