Leonardo Fernández Souto

político galego

Leonardo Fernández Souto, nado en Líncora (Chantada), foi un político galego.

Infotaula de personaLeonardo Fernández Souto
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Líncora Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Secretario do Partido Galeguista de Chantada a finais da República, foi o presentador do mitin de Castelao en Chantada o 31 de maio de 1936, para pedir o SI para o plebiscito do Estatuto. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado en Valencia en 1947.[1] Participou na homenaxe a Rosalía promovida polo grupo Brais Pinto en Madrid en 1968.[2] Funcionario civil do Corpo Especial de Mecánicos Condutores do Ministerio do Exército, xubilouse en 1974.[3] Pasou os últimos anos na Residencia de Anciáns de Chantada.[4] Escondeu no faiado da súa casa varios documentos do Partido Galeguista que hoxe están no Museo de Lugo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar