Abrir o menú principal

Leo Nardus[1], rexistrado ao nacer como Leonardus Salomon, nado en Utrecht o 5 de maio de 1868 e finado en Tunes o 12 de xuño de 1955, foi un tirador de esgrima, pintor, coleccionista e marchante de arte neerlandés, gañador dunha medalla olímpica.

Leo Nardus
Nardus.jpg
Nacemento5 de maio de 1868
 Utrecht
Falecemento12 de xuño de 1955
 La Marsa
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Alma máterRoyal Academy of Art
Ocupaciónpintor, xadrecista, esgrimista e coleccionista de arte
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Procedente dunha familia xudía, era fillo de Manus Salomon, anticuario, e Catharina Alida Berlijn.[2]. Interesado na pintura, Nardus estudou na Rijksacademie, influído principalmente polo seu profesor Sybrand Altmann[3], a súa obra consiste principalmente en retratos e pinturas de xénero. Tras terminar os seus estudos pasou algún tempo en París. En 1889 acompañado do seu amigo Michel van Gelder realizou unha breve expedición á rexión do Chaco, na Arxentina para atopar ouro, que quedou nun fracaso. Tras volver a París marchou aos Estados Unidos como marchante de arte en 1894 e consegue unha considerable fortuna, aproveitando a alta aceptación que tiña a pintura neerlandesa entre os millonarios norteamericanos, sospeitándose sen chegar a probarse que vendeu algunhas pezas de cualidade dubidosa como pezas mestras [4]. Regresou de novo a París co novo século.

 
Castelo de Arnouville, onde viviu algún tempo tras casar en 1904

En 1904 casou en Londres, con Hélène Jeanne Marie Bourgeois, filla dun marchante de Colonia, a parella estableceuse no castelo de Arnouville, na periferia de París.[5] coa que tivo dúas fillas e da que se divorciou en 1911. Participou nos Xogos Olímpicos de 1912 en Estocolmo co equipo neerlandés de espada, logrando a medalla de bronce. En 1913 realizou a súa primeira exposición individual na Galería Rosenberg de París, e o 23 de xaneiro de 1917 realizou unha poxa a beneficio da Cruz Vermella de Francia e Bélxica. Afeccionado ao xadrez foi mecenas de David Janowski e Frank Marshall. Viaxou numerosas veces ao norte de África: Alxeria, Exipto pero sobre todo Tunisia, territorio no que se acabará establecendo en 1921, confiando a súa colección de obras de arte ao seu amigo Arnold van Buuren, e facendo edificar un palacio en mármore rosa en cidade balneario de La Marsa onde se mantivo arredado da vida social tunisiana, realizando pinturas de paisaxes e escenas da vida corrente e retratos de beduínos. En 1941 os nazis arrestaron a Van Buuren confiscándolle a colección de arte e a partir de entón Nardus comezou a ter problemas económicos, véndose obrigado a veder a súa residencia en 1951. En 2010 as obras comisadas polos nazis fóronlles restituídas aos seus descendentes[6]

NotasEditar

  1. Por decreto real de 1911 obtivo autorización para cambiar o apelido
  2. Het Utrechts Archief, Geboorteregister Gemeente Utrecht, 1868. Por erro aparecen como Emanuel Salomon e Alida Ballen, recollido en Narriman El Kateb-Ben Romdhane, Léo Nardus: Un peintre hollandais en Tunisie, 1997, citado por "Léonardus Nardus"
  3. ‘...et [Nardus] fit ses études à l’Académie des Beaux Arts d’Amsterdam (Altmann)...’, in: L'Œuvre de Léonardus Nardus: Tableaux et dessins cédés par lui à Croix Rouge française et belge: vente publique le 23 janv. 1917 ... chez Frederik Muller et Cie ..., Amsterdam 1917, 12 pp.
  4. Esmée Quodbach, ‘American Collections Rich in Dutch Art: De eerste Amerikaanse reis van Cornelis Hofstede de Groot in 1908’, in: Luuk Pijl et al. (red.), Van Cuyp tot Rembrandt: De verzameling Cornelis Hofstede de Groot, Gent/Groningen 2005 p. 77.
  5. Narriman El Kateb-Ben Romdhane, Léo Nardus: Un peintre hollandais en Tunisie, 1997, citado por "Léonardus Nardus"
  6. http://www.charentelibre.fr/2010/11/15/esse-il-traque-les-oeuvres-spoliees-par-les-nazis,1006596.php

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar