Lei de Wien
A lei de desprazamento de Wien é unha lei física que relaciona a lonxitude de onda do pico da emisión do corpo negro co inverso da súa temperatura.
- Onde:
- é a lonxitude de onda do pico de emisión en metros,
- é a temperatura do corpo negro en kelvin (K), e
- b é unha constante de proporcionalidade, chamada constante de Wien, igual a 2,897 768 5(51) × 10–3 m K (2002 CODATA, valor recomendado).
Os dous díxitos entre paréntese denotan a indeterminación (o desvío estándar cunha confianza do 68.27%) nos dous díxitos menos significativos.
Para lonxitudes de onda ópticas, é conveniente usar o [nm] en troques do m como unidade de medida. Neste caso, b = 2.897768 5(51) × 106 nm K.
Como exemplo, ás lonxitudes de onda de 28,9 Å, 19,3 Å, 14,5 Å e 362 Å correspóndenlles temperaturas de 106 K, 1,5·106 K, 2·106 K e 80 000 K.