Bioxénese

(Redirección desde «Lei da bioxénese»)

O termo bioxénese (xénese da vida), creado por Huxley (1870), biólogo británico, a partir do prefixo bio- (do grego βίος vida), e xénese (do grego γένεσις xeración) ten varios significados:

Lei da bioxénese editar

A lei da bioxénese, atribuída a Louis Pasteur, establece que a vida procede dunha vida preexistente, non de materia non vivente.[1]</ref> Os resultados empíricos de Pasteur (e outros) resúmense nas frases latinas Omne vivum ex vivo ou Omne vivum ex ovo ("todo ser vivo procede doutro ser vivo", e "toda ser vivo procede dun ovo"), que tamén son coñecidas como a "lei da bioxénese". Demostraron que a vida non se orixina espontaneamente de cousas non vivas presentes no medio. Pasteur estableceu: La génération spontanée est une chimère ("A xeración espontánea é unha quimera").

Abioxénese e xeración espontánea editar

Artigo principal: Xeración espontánea.

A orixe da vida a partir de materia inerte coñécese como abioxénese. Esta formulación dominaba o mundo científico desde a época dos filósofos da antiga Grecia. É así como Aristóteles sostiña que animais e plantas se orixinaban por xeración espontánea, é dicir, espontaneamente a partir de restos de seres vivos en descomposición, da lama ou do lixo.

A hipótese da xeración espontánea foi rexeitada por Francesco Redi (1626-1697) quen, en 1665, demostrou que os vermes que se detectaban na carne proviñan de ovos de moscas, e que non aparecían se se protexía a carne cunha malla fina. A aparición espontánea de microorganismos que descompoñían a materia orgánica foi máis difícil de refutar, xa que os microorganismos eran moi pequenos (obviamente) e non se podía ver claramente se proviñan doutros antecesores ou ben da materia inerte.

O científico John T. Needham (1713–1781) propuxo que as moléculas inertes podían reagrupase para dar lugar á aparición de microorganismos. Para poñer a proba esta idea Lazzaro Spallanzanani (1729-1799) realizou unha serie de experimentos que demostraron que a presenza de microorganismos pode evitarse se os medios onde proliferan son previamente fervidos e se manteñen pechados hermeticamente.[2].

Finalmente, Louis Pasteur (1822-1895), contra 1860, demostrou que no aire hai gran cantidade de microorganismos que son os responsábeis da descomposición da materia orgánica.[3][4]

Principais partidarios da teoría da bioxénese editar

Thomas Henry Huxley foi un dos grandes partidarios da teoría bioxénica, xuntamente con Francesco Redi e Oscar Hertwig, quen afirmou que o desenvolvemento das células non é determinado e espontáneo, senón que, polo contrario, cada célula desenvólvese segundo o lugar que pasa a ocupar no organismo, e de acordo coas influencias exercidas polas outras células, así como polos axentes externos.

Segundo Ernst Haeckel a evolución do individuo debe reproducir a da especie. Segundo el, a historia do desenvolvemento das especies repítese no desenvolvemento embrionario do individuo.

A mesma lei vale para o desenvolvemento mental do individuo. Carl Gustav Jung procurou do mesmo modo explicar transformacións ocorridas durante o desenvolvemento mental do individuo polo desenvolvemento intelectual da especie. Así, sempre segundo Jung, o neno desenvólvese a partir dunha condición orixinalmente inconsciente e animal para o estado de consciencia.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar