Lei Fundamental da República Federal de Alemaña

A Lei Fundamental da República Federal de Alemaña alemán: 'Grundgesetz für die Bundesrepublik Deutschland') [1] é a Constitución[2] de Alemaña.

Lei Fundamental da República Federal de Alemaña
Eleccións
Sistema electoralDemocracia. República Federal
Sitio web
https://www.gesetze-im-internet.de/gg/index.html
Cronoloxía

Lei baseada na Constitución da República de Weimar. O III Reich non dispuxo dunha Lei fundamental

A RDA e a RFA coa reunificación adoptaron a Grundegesetz como base, con varias reformas en 1990, 1994, 2002 e 2006

Historia

editar
 
Edición en portugués impresa no Brasil en 1961.

Foi aprobada formalmente o 8 de maio de 1949 e, coa sinatura dos Aliados, entrou en vigor o 23 de maio de 1949 como a constitución de facto da Alemaña Occidental.

A palabra alemá Grundgesetz pódese traducir como Lei básica ou Lei Fundamental.[3] Non se utilizou o termo Verfassung (constitución)[4][5], xa que os creadores viron o Grundgesetz como un documento provisional, que sería substituído pola constitución da Alemaña reunificada. Isto non foi posible no contexto da Guerra fría, a falta de entendemento entre os aliados despois da conferencia de Ialta e as proclamacións da a proclamación República Federal de Alemaña o 7 de outubro de 1949 e da República Democrática Alemá cinco semanas despois.

Reunificación

editar

Corenta anos despois, en 1990, uns meses despois da simbólica caída do muro de Berlín, Alemaña foi reunificada cando os estados da RDA se fusionaron coa RFA. A Lei Fundamental mantívose como base realizándose algúns cambios, a maioría deles pertinentes á reunificación, e no preámbulo. Outras modificacións importantes realizáronse en 1994, 2002 e 2006.

  1. brasil.diplo.de - pdf Copia arquivada en Wayback Machine Lei Fundamental da República Federal da Alemanha, Deutscher Bundestag, actualizado en xaneiro de 2011
  2. "Deutscher Bundestag: Grundgesetz". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008. Consultado o 13 de outubro de 2008. 
  3. "TALG". talga.webs.uvigo.gal. Consultado o 2022-08-09. 
  4. "Grundgesetz - Wörterbuch Deutsch-Englisch - WordReference.com". www.wordreference.com (en alemán). Consultado o 2022-08-09. 
  5. "Verfassung - Wörterbuch Deutsch-Englisch - WordReference.com". www.wordreference.com (en alemán). Consultado o 2022-08-09. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

----

 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.