Legião Urbana (tamén coñecida só por Legião) foi unha banda brasileira de rock con grande éxito no Brasil. Activa de 1982 a 1996, a banda sumou un total de máis de 17 millóns de discos vendidos. Aínda hoxe, é a terceira banda da compañía EMI-Odeon, que máis discos vende por catálogo no mundo: unha media de 200.000 copias por mes. O fin do grupo estivo marcado polo falecemento do seu líder, Renato Russo, por causa da SIDA.

Legião Urbana
OrixeBrasilia, Brasil
Período1982 - 1996
Xénero(s)Rock brasileiro
Punk
Pós-punk
New Wave
MPB
Pop
Selo(s) discográfico(s)EMI
MembrosRenato Russo
Dado Villa-Lobos
Marcelo Bonfá
Artistas relacionadosAborto Elétrico, Capital Inicial, Dado e o Reino Animal, Solana Star
Na rede
http://www.legiaourbana.com.br
Twitter: legiaooficial Youtube: UC5K6XcVwZuLfYRGZaeBqSeQ Spotify: 6tw6EpC9RgmSRZiZg0n22t iTunes: 261395084 Musicbrainz: 47685be0-926f-4be9-b1ae-e32da47a3b99 Songkick: 260031 Discogs: 264082 Allmusic: mn0000236020 Deezer: 15810 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A banda foi formada en agosto de 1982, trala disolución do Aborto Elétrico, unha banda seminal da escena punk de Brasilia, que deu orixe tamén ao Capital Inicial.

A primeira presentación da Legião Urbana aconteceu o 5 de setembro de 1982 na cidade mineira de Patos de Minas, durante o festival Rock no Parque, que contou con outras oito atraccións, entreelas a da Plebe Rude, que abriu o escenario para a Legião Urbana.

O 23 de xullo de 1983, a Legião fai no Circo Voador, Río de Xaneiro, un concerto que mudaría a historia da banda. Tras a presentación, eles son convidados a gravar unha demo coa EMI. No ano seguinte gravarían o seu primeiro disco.

O álbum Legião Urbana, lanzado o 1 de xaneiro de 1985 pola EMI, foi o primeiro lanzado pola banda. É extremamente politizado, con letras que fan críticas contundentes a diversos aspectos da sociedade brasileira. Paralelamente, posúe cancións de amor que foron marcantes na historia da música brasileira, como Será, Ainda é cedo e Por Enquanto.

O segundo álbum, Dois, foi lanzado en 1986. No comezo do disco é posible ouvir un pouco da música Será envolto en ruídos de radio e do himno da Internacional Socialista. É o segundo álbum máis vendido da banda, con máis de 1,2 millóns de copias, e considerado por muitos o máis romántico. Tempo Perdido tivo un grande éxito e se tornou nun dos clásicos da Legião. Eduardo e Mônica, Índios e Quase Sem Querer tamén tiveron éxito.

Que País É Este 1978/1987 pode ser considerado o primeiro compilatorio feito pola banda de Brasília, aínda que todos os temas foran regravados e para este álbum e en estudio. Das nove concións do disco, sete eran do antigo Aborto Elétrico. Esta é a obra máis punk da Legião Urbana e contén no seu encarte unha breve historia da banda. Foi o último traballo oficial coa participación do entón baixista Renato Rocha.

O álbum As Quatro Estações é considerado por muitos o mellor traballo da Legião Urbana, ademais de conter o maior número de hits da banda: son once cancións, das cuais polo menos nove foron emitidas incesantemente nas radios. É o álbum máis vendido da Legião, vendendo máis de 1,7 millóns de copias e é considerado o disco máis "relixioso" da banda.

Lanzado en novembro de 1991, V é o disco máis melancólico da banda; talvez, só A Tempestade se equivalla a el nese aspecto. Renato estaba nun momento complicado da súa vida, coa descoberta de que era seropositivo un ano e medio antes, os problemas na relación co namorado americano, Robert Scott Hickman e o alcoholismo. O álbum é recheado de cancións atípicas para os "patróns" da banda. A atmosférica de Metal Contra as Nuvens, cos seus máis de once minutos de duración, é un dos temas máis destacados, así como a densa A Montanha Mágica, a crítica social de O Teatro dos Vampiros e a melancólica Vento no Litoral.

O álbum O Descobrimento do Brasil é de 1993, época en que Renato Russo tiña iniciado o tratamento para librarse da dependencia química e mostrabase optimista na súa curación. Aénda así, as letras oscilan entre tristeza e alegría, encontros e despedidas. É como se, para seguir en frente, fose necessário deixar muitas coisas atrás, e non se puidese facer iso sen unha boa dose de nostalxia. Desta forma, Descobrimento é un álbum con fortes notas de esperanza, pero permeado por tristeza e saudosismo. Aínda así, é considerado por muitos o álbum máis "alegre" e delicado da Legião Urbana. E un dos que menos sonou nas radios.

O último concerto da Legião Urbana tivo lugar o 14 de xaneiro de 1995, na casa de presentacións "Reggae Night" en Santos, litoral do Estado de São Paulo.

Hai quen considera o álbum A Tempestade (ou O Livro dos Dias), lanzado o 20 de setembro de 1996, o último da banda. Na capa interna do disco hai un verso que di "O Brasil é uma República Federativa cheia de árvores e gente dizendo Adeus", e na canción "Música Ambiente" di "...e quando eu for embora, não, não chore por mim...", suxerindo unha despedida anticipada. As fotos do encarte foron feitas próximas á época do lanzamento, excepto a de Renato, que foi aproveitada da sesión de fotos do seu álbum solo Equilíbrio Distante.

O fin oficial da banda foi o 22 de outubro de 1996, 11 días despois da morte do mentor, líder e fundador da banda. Renato Russo faleceu 21 días despois do lanzamento de A Tempestade.

Houbo un álbum póstumo. A idea orixinal era de que A Tempestade fose un álbum duplo. Como saíu simple, as sobras de estudio foron compiladas nese álbum de 1997. Cáncións como Clarisse quedaran fóra do álbum anterior por desexo do propio Renato, que a consideraba cunha temática moi pesada.

Integrantes editar

Última formación editar

Ex-integrantes editar

Artistas convidados editar

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Compilatorios editar

Álbums en directo editar

Influencias editar

As cancións da Legião Urbana inspiraron versións por músicos das máis diversas estéticas e tendencias. Entre as reinterpretacións máis coñecidas están "Por Enquanto", de Cássia Eller; "Eu Sei", de Pato Fu; "Química", de Paralamas do Sucesso; "Monte Castelo", de Jerry Adriani; "Teorema", de Ira!; e "Índios", de Lulu Santos. Máis recentemente, os portugueses The Gift versionaron tamén "Índios", que aparece no seu disco Fácil de Entender.