The Gift
The Gift é unha banda portuguesa de lounge, que fan un pop electrónico cun toque melódico.
The Gift | |
---|---|
A banda actuando en Oeiras | |
Orixe | Alcobaça, Portugal |
Período | 1994 - presente |
Xénero(s) | pop electrónico, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | La Folie |
Membros | Sónia Tavares Nuno Gonçalves John Gonçalves Miguel Ribeiro |
Na rede | |
The gift | |
Historia
editarFundado en 1994 en Alcobaça é un dos mellores expoñentes da música portuguesa actual. O seu éxito mesmo traspasou as fronteiras portuguesas, algo nada fácil para as bandas pop deste país.
No ano 2005 gañaron o "MTV Europe Award for Best Portuguese Act" e o "Prémio Arco-íris" entregado pola asociación ILGA Portugal, recoñecendo a contribución na loita contra a discriminación e a homofobia.
Habitualmente cantan en inglés, aínda que no último disco teñen algún tema en portugués, como o que dá nome ao álbum Fácil de entender ou unha versión de "Índios", unha canción do grupo brasileiro Legião Urbana.
The Gift en Galicia
editarOs The Gift actuaron varias veces en Galicia, algúns exemplos destas actuacións son:
- Carballo, 2003
- Santiago de Compostela, 2005
- Vigo, 2005
- Festival Dolorock'07, celebrado en Mosteiro-Meis, 2007
- Pop in Noia, Noia, 2007
- Vigo Tr4nsforma, Vigo, 2011
Membros do grupo
editarOs integrantes dos The Gift son:
- Sónia Tavares: vocalista
- Nuno Gonçalves: teclista
- John Gonçalves: teclista e Baixista
- Miguel Ribeiro: guitarrista, Baixista
Discografía
editarÁlbums
editar- Digital Atmosphere (demo tape sen versión comercial, 1997)
- Vinyl (1998)
- Film (2001)
- AM-FM (2004; O tema "11:33", está presente no xogo FIFA 06)
- Fácil de Entender (2006)
- Explode (2011)
Sinxelos
editarDo álbum Vinyl
- Ok! Do you want something simple? (1999)
- Real (Get Me For...) (1999)
- Truth (2000)
Do álbum Film
- Waterskin (2001)
- Question of love (2001)
Do álbum AM-FM
- Driving You Slow (2004)
- 11:33 (2005)
- Music
Do álbum Fácil de Entender
- Fácil de Entender (2006)