Abrir o menú principal

Lee Grant

actriz estadounidense

Lyova Haskell Rosenthal, nada en Nova York o 31 de outubro de 1926 é unha actriz estadounidense coñecida como Lee Grant.

Lee Grant
Lee Grant at F.I.S.T premier 1978.jpg
Grant en 1978
Nome completoLyova Haskell Rosenthal
Nacemento31 de outubro de 1926 (93 anos)
LugarNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Educada enThe High School of Music & Art e Neighborhood Playhouse School of the Theatre
Cónxuxe(s)Arnold Manoff (1951-1960)
Joseph Feury (1962-actualidade)
FillosDinah Manoff
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Con catro anos actuou na Metropolitan Opera e con once uniuse ao American Ballet. Estudou arte e música en Nova York e asistiu ao Actors Studio.

Conseguiu un grande éxito en Broadway coa obra Detective Story en 1949. Dous anos despois debutou no cinema coa adaptación da obra. A finais da década de 1950 foi chamada polo Comité de Actividades Antiamericanas para declarar contra o seu marido, o dramaturgo Arnold Manoff. Ela rexeitou declarar e entrou na lista negra durante doce anos.

Tras volver á actuación gañou premios polos seus traballos na televisión e no cinema, gañando o Oscar á mellor actriz secundaria en 1975. Tamén traballou como directora de teatro, de televisión e de documentais, como Down and Out in America, en 1986.

En 2013 volveu ao teatro tras case trinta anos de ausencia.

FilmografíaEditar

Ano Filme
1951 Detective Story
1955 Storm Fear
1959 Middle of the Night
1963 The Balcony
An Affair of the Skin
1964 Pie in the Sky
1967 Divorce American Style
Na calor da noite
Valley of the Dolls
The Big Valley
1968 Buona Sera, Mrs. Campbell
1969 The Big Bounce
Marooned
1970 The Landlord
There Was a Crooked Man...
1971 Plaza Suite
1972 Portnoy's Complaint
1974 The Internecine Project
1975 Shampoo
1976 Voyage of the Damned
1977 Airport '77
The Spell
1978 Damien: Omen II
The Swarm
The Mafu Cage
1979 When You Comin' Back, Red Ryder?
1980 Little Miss Marker
1981 Charlie Chan and the Curse of the Dragon Queen
1982 Visiting Hours
1984 Billions for Boris
Constance
Teachers
1987 The Big Town
1991 Defending Your Life
1996 It's My Party
The Substance of Fire
Under Heat
2000 Dr. T & the Women
The Amati Girls
2001 Mulholland Drive
2005 Going Shopping

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar