Na mitoloxía grega, Leda era a filla de Testio, rei de Etolia, e muller de Tindáreo, rei de Esparta.

Leda e o cisne.

Dunha vez que camiñaba xunto ó río Eurotas encontrouse con Zeus transformado en cisne e finxindo ser perseguido por unha aguia. Como consecuencia desa relación chocou dous ovos dos que naceron catro fillos: Helena, Clitemnestra, Cástor e Pólux, aínda que só Helena e Pólux son considerados fillos de Zeus.