Leandro Pita Sánchez-Boado

avogado e político galego

Leandro Pita Sánchez-Boado, finado en Ortigueira o 10 de novembro de 1926[1], foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaLeandro Pita Sánchez-Boado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de novembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLeandro Pita Romero Editar o valor em Wikidata
PaiLeandro Pita Lamas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Leandro Pita Lamas. Pasou os primeiros anos na Coruña. Casou en Ortigueira e instalouse nesa vila. Dedicouse á renovación do Pazo do Souto para convertelo nunha granxa agrícola experimental e en parada de touros sementais suízos. A finais de 1898 dirixiu a Revista Ortegana, de periodicidade semanal e en 1912 fundou La Opinión de Ortigueira. Colaborou en A Nosa Terra e escribiu e estreou algunha obra de teatro. Fundou a Federación Agraria de Ortigueira.

Foi delegado de honra do Comité representativo de las Sociedades Gallegas de Instrucción da Habana, como tal defendeu un relatorio na VII Asemblea Agraria na Coruña en 1919. Tamén participou no II Congreso Regional Agrario celebrado na Coruña en 1924.

Foi pai de Leandro Pita Romero.

Obras editar

  • La Voz de la Raza. (Idearium de un aldeano), Madrid, 1919.
  • El agro gallego, Ortigueira, 1922 (inédito).

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Orzán, 11-11-1926, p. 1

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar