La Opinión de Ortigueira

La Opinión de Ortigueira foi un semanario editado en Ortigueira entre 1912 e 1913.

Historia e características Editar

Subtitulado Periódico independente, apareceu en febreiro de 1912. Fundado por Leandro Pita Sánchez-Boado, estaba dirixido por Emilio Carballés. Definíase como independente, pero mantiña unha liña liberal. Editouse na imprenta de El Heraldo de Viveiro e despois do número 19, do 1 de xullo de 1912, nos obradoiros tipográficos de Fojo. Cesou a súa publicación a finais de 1913.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.