Lauri Lehtinen
Lauri Aleksanteri Lehtinen (10 de agosto de 1908 en Kerkkoo; 4 de decembro de 1973 en Helsinqui). Foi un atleta finlandés, gañador dos 5000 metros nos Xogos d'Os Ánxeles de 1932.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1908 Porvoo, Finlandia |
Morte | 4 de decembro de 1973 (65 anos) Helsinqui, Finlandia |
Altura | 174 cm |
Peso | 64 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista, atleta, policía |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
1932 | Xogos Olímpicos de 1932 |
Familia | |
Fillos | Kalevi Lehtinen |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
Os Ánxeles 1932 | 5.000 m | ||
Berlín 1936 | 5.000 m |
Lauri Lehtinen estableceu un novo récord mundial nos 5.000 m (14:17.0) xusto un mes antes dos Xogos Olímpicos, converténdoo no favorito para a proba dos 5.000 m. Na final, Lehtinen e o seu compatriota Lauri Virtanen lideraron cedo a carreira. Desfixéranse do resto de competidores agás do estadounidense Ralph Hill. Pronto a carreira se converteu nunha loita entre Lehtinen e Hill. Na derradeira volta, Hill intentou alcanzar a Lehtinen. O finlandés vendo isto bloqueoulle o paso facendo zigzags o que alporizou á multitude. Ó final, Lehtinen cruzou primeiro 50 centímetros por diante do seu rival. Aínda que esta táctica era habitual en Europa, a audiencia americana non estaba afeita así que apuparon a Lehtinen. Hill descartou facer unha reclamación, aínda que ambos rexistraran o mesmo tempo 14:30. Esta foi a única ocasión na que nunha carreira de máis de 200 metros nuns Xogos Olímpicos os dous finalistas rexistraron a mesma marca.
Nos Xogos Olímpicos de Berlín, Lehtinen non puido defender o seu título, finalizando segundo despois do seu compatriota Gunnar Höckert.
En 1940, Lehtinen doou a súa medalla de ouro, acadada nos Xogos d'Os Ánxeles, a un soldado que servira con honor no Istmo de Carelia. O xesto de Lehtinen foi un sinal de respecto ao seu compañeiro Höckert, que morrera loitando no Istmo.