Gunnar Höckert
Gunnar Mikael Höckert (12 de febreiro de 1910; 11 de febreiro de 1940) foi un atleta finlandés, gañador dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Berlín.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1910 Helsinqui, Finlandia |
Morte | 11 de febreiro de 1940 (29 anos) Istmo de Carelia, Rusia |
Lugar de sepultura | cemiterio de Hietaniemi |
Altura | 178 cm |
Peso | 67 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista, atleta |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
1936 | Xogos Olímpicos de 1936 |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
Berlín 1936 | 5.000 m |
A final dos 5.000 m nas Olimpíadas de Berlín comezou a un bo ritmo, marcado polo estadounidense Donald Lash, ata que tres finlandeses o alcanzaron despois de 2000 m. A carreira pronto virou nunha loita entre Höckert e o campión olímpico Lauri Lehtinen que ademais defendía o récord mundial. Na última volta Höckert adiantou a Lehtinen para facerse coa vitoria e acadar a mellor marca da tempada con 14:22.
Despois nese mesmo ano, o 16 de setembro en Estocolmo, Höckert acadou o récord mundial nos 3.000 m (8:14.8). Unha semana despois, na mesma pista, bateu un segundo récord mundial na proba das 2 millas (8:57.4). E outra semana despois disto, igualou o récord mundial en posesión de Jules Ladoumegue na proba dos 2.000 m (5:21.8) en Malmö, Suecia.
O resto da carreira deportiva de Höckert foi obstaculizada pola reuma, e nunca máis logrou achegarse ás marcas do ano 1936. En 1939 loitou na Guerra de Inverno como voluntario e así morreu no Istmo de Carelia xusto un día despois do seu trinta aniversario.