Laureano Santiso Girón

avogado, xornalista e político galego

Laureano Santiso Girón, nado en Santiago de Compostela en 1899 e finado en Madrid o 7 de setembro de 1981,[1] foi un avogado, xornalista e político galego.

Modelo:BiografíaLaureano Santiso Girón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, xornalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1633

Traxectoria

editar

Fixo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, que rematou en 1922.[2] Traballou como avogado. Masón membro da loxa Libredón. Membro do Partido Radical Socialista, participou no pacto de Lestrobe. Na República foi concelleiro de Compostela, designado deputado provincial polo distrito de Santiago-Padrón, foi correspondente de El Pueblo Gallego en Santiago de Compostela e colaborou en Galicia. Foi nomeado gobernador civil de Salamanca por Portela Valladares o 21 de decembro de 1935, permanecendo no cargo ata o 22 de febreiro de 1936. Nas eleccións de febreiro de 1936 presentouse na candidatura portelista da Coruña pero non foi elixido. Representou o Partido Republicano de Centro no Comité Central da Autonomía.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, pero foi localizado pola policía nunha casa da Uceira, na parroquia do Eixo, o 17 de setembro de 1937,[3] e foi detido e xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional. En 1943 foi detido e encarcerado na prisión de Burgos. Volveu exercer a avogacía en Compostela a partir de 1949.

Vida persoal

editar

Casou con Consuelo Martínez Lamas, coa que tivo unha filla, Matilde.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-9-1981, p. 60.
  2. El Compostelano, 16-6-1922, p. 1.
  3. El Eco de Santiago, 18-9-1937, p. 3.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar