Laura Hermo
remeira galega
Laura Hermo Rioboo, nada en Boiro en 1990,[1] é unha remeira galega e patroa de traiñeira. Gañou 4 competicións da Bandeira da Concha feminina e 2 Ligas ACT, entre outras.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1990 ![]() Boiro, España ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | remeira ![]() | ||||||||||||||||
Deporte | remo ![]() | ||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComezou na canteira do Club de Remo Cabo da Cruz. Despois de gañar algunhas competicións de traiñeiras e campionatos de botes, en 2008 foi nomeada patroa da traiñeira de Galicia na competición feminina da Bandeira da Concha. Dende entón, é a patroa que máis vitorias acumula en dita competición cun total de 4 (en 2008, 2009, 2010 e 2011).
Tamén gañou dúas Ligas ACT (en 2009 e 2010) e dous Campionatos de España de Traiñeiras (en 2010 e 2011).
Palmarés
editar- Bandeira da Concha feminina (4): 2008, 2009, 2010[2] e 2011.
- Campionato de España de Traiñeiras (2): 2010[2] e 2011.
- Campionato Galego de Traiñeiras (1): 2010.
- Liga ACT feminina (2): 2009 e 2010.[2]
- Liga galega (2): 2009 e 2010.
- Bandeira de Zarautz (1): 2010.
Notas
editar- ↑ Castro, X. R. (17 de agosto de 2010). "Laura Hermo: "Me es igual tener el maillot o no, porque sé que soy campeona"". La Voz de Galicia. Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Trasbach, Gonzalo (14 de setembro de 2010). "Laura Hermo: "Galicia puede, Galicia es especial y Galicia siempre va a estar ahí"". La Voz de Galicia. Consultado o 23 de marzo de 2018.