Last Days
Last Days é unha filme do director Gus Van Sant. É un relato ficticio dos últimos días do cantante de Nirvana Kurt Cobain. Foi exhibido nos teatros de Estados Unidos o 22 de xuño de 2005 e producido por HBO. O actor Michael Pitt interpreta o personaxe protagonista. Ademais, a película conta con aparicións de Kim Gordon (de Sonic Youth e coñecida de Cobain), Lukas Haas, Asia Argento, e Thadeus A. Thomas. Tamén, o autor e amigo de Van Sant, Harmony Korine, aparece nunha breve escena, facendo un papel similar ao de na película Kids.
Last Days | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Last Days |
Director | Gus Van Sant |
Produtor | Gus Van Sant Dany Wolf |
Guión | Gus Van Sant |
Intérpretes | Michael Pitt Lukas Haas Asia Argento Scott Green Nicole Vicius Kim Gordon Harmony Korine |
Música | Rodrigo Lopresti |
Fotografía | Harris Savides |
Montaxe | Gus Van Sant |
Distribuidora | Newco, Fine Line Features |
Estrea | 2005 |
Duración | 97 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.lastdaysmovie.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Last Days é a terceira película do que o director chamou a súa "Triloxía da morte", que empezou con Gerry (2002) e continuou con Elephant (2003).
Proxecto
editarVan Sant xa tiña pensado facer este proxecto dez anos anos, aínda que as ideas iniciais variarían por temor a demandas da viúva Cobain, Courtney Love, saíndo ao final un filme cuxo parecido á realidade é casualidade. A actriz Asia Argento, que interpretaba á muller do protagonista dixo que "non fixera de Courtney Love""[1].
Música
editarLast Days posúe dúas composicións do actor principal Michael Pitt: unha canción acústica titulada "Death to Birth", un tema eléctrico chamado "That Day". Hai outra peza, "Untitled", de Lukas Haas. Nunha escena o personaxe de Scott escoita "Venus in Furs" de Velvet Underground.
Localización da rodaxe
editarA película foi rodada en Hudson Valley, rexión do Estado de Nova York. Un tratamento feito polo cinematógrafo Harris Savides escurece a imaxe e fai recordar a atmosfera da rexión noroeste dos Estados Unidos.
Notas
editar- ↑ Asia Argento Denies Last Days Role Is Based On Courtney Love FemaleFirst.co.uk
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial en castelán Arquivado 27 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
- Páxina oficial