Elephant (filme de 2003)

Elephant é un filme estadounidense dirixido, escrito e editado por Gus Van Sant que se estreou no 2003. A historia ten lugar no instituto ficticio de Watt, en Portland, Oregón, e relata os eventos ocorridos durante un tiroteo no centro. Baséase en parte no masacre de Columbine de 1999. O filme comeza pouco tempo antes de que ocorra o tiroteo, e segue as vidas de varias personaxes dentro e fóra do instituto, que descoñecen totalmente o que está a piques de ocorrer. Está protagonizado por actor novos ou non profesionais, como John Robinson, Alex Frost ou Eric Deulen.

Elephant
Ficha técnica
Título orixinalElephant
DirectorGus Van Sant
ProdutorDiane Keaton
Dany Wolf
JT LeRoy
GuiónGus Van Sant
IntérpretesAlex Frost
Eric Deulen
John Robinson
FotografíaHarris Savides
MontaxeGus Van Sant
EstudioHBO Films
DistribuidoraFine Line Features
Estrea2003
Duración81 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$3 000 000[1]
Recadación$10 012 022[2]
Filme anteriorGerry
Filme seguinteLast Days
Na rede
http://www.elephantmovie.com/
IMDB: tt0363589 Filmaffinity: 553137 Allocine: 52588 Rottentomatoes: m/elephant Mojo: elephant Allmovie: v285911 TCM: 538770 Metacritic: movie/elephant TV.com: movies/elephant Netlix: 60031249Editar o valor em Wikidata

Elephant é o segundo filme da triloxía cinematográfica de Van Sant "Death Trilogy", sendo a primeira Gerry (2002) e a terceira Last Days (2005), estando os tres baseados en feitos reais.

Elephant foi aclamada pola crítica e recibiu a Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2003,[3] no cal Patrice Chéreau foi o presidente do xurado. Por ser o primeiro filme en representar un tiroteo nun instituto dende Columbine, foi moi controvertido polo seu tema e pola posible influencia que podería ter en adolescentes imitadores do caso.

Sinopse editar

Recreación dunha matanza perpetrada por dous alumnos nun instituto. É un día calquera de outono e tódolos estudantes fan a súa vida rutineira: Eli, camiño de clase, convence a unha parella de rockeiros para tirarlles unhas fotos. Nathan remata o seu adestramento de fútbol e queda coa súa moza Carrie para comer. John deixa as chaves do coche do seu pai na conserxería do instituto para que as recolla o seu irmán. Pero ese día non será como os demais.

Personaxes editar

  • Alex Frost como Alex
  • Eric Deulen como Eric
  • John Robinson como John McFarland
  • Timothy Bottoms como Sr. McFarland
  • Matt Malloy como Mr. Luce
  • Elias McConnell como Elias
  • Nathan Tyson como Nathan
  • Carrie Finklea como Carrie
  • Kristen Hicks como Michelle
  • Brittany Mountain como Brittany
  • Jordan Taylor como Jordan
  • Nicole George como Nicole
  • Bennie Dixon como Benny
  • Alicia Miles como Acadia

Galardóns e nomeamentos editar

  • 2003: Cannes: Palma de Ouro: Mellor filme e mellor director.
  • 2003: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor fotografía

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. http://www.boxofficemojo.com/movies/?id=elephant.htm
  3. festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Elephant". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2014. Consultado o 2009-11-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar