Larvivora akahige
Larvivora akahige | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Erithacus akahige |
Larvivora akahige é unha especie de ave paseriforme da familia Muscicapidae que vive no arquipélago do Xapón e no leste da China.
Distribución e hábitat
editarCría nos bosques das illas do arquipélago xaponés, incluído o sur da illa de Sakhalin, ademais das illas Kuriles meridionais e outras illas menores. Migra para pasar o inverno no leste da China.
Taxonomía
editarA especie foi descrita cientificamente en 1835 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck, co nome binomial de Sylvia akahige. Posteriormente foi clasificado no xénero Erithacus, xunto a Larvivora komadori e o paporroibo europeo. Mais un estudo filoxenético de 2006 demostrou que as dúas especies asiáticas estaban máis próximas á hoxe chamada Larvivora cyane (naquel momento clasificado como Luscinia) que ao paporroibo.[2] Un amplo estudo de 2010 confirmou isto e ademais demostrou que o xénero Luscinia non era monofilético. Entón reinstaurouse o xénero Larvivora para resituar o clado que contiña os que hoxe se chaman Larvivora akahige, Larvivora komadori, Larvivora cyane e outras especies que se clasificaban en Luscinia.[3][4]
O nome científico desta especie, akahige é algo confuso, xa que é o nome común en xaponés do seu parente de Okinawa (Larvivora komadori), e viceversa, o nome científico deste último, komadori, é o nome común en xaponés do L. akahige.
Recoñécense dúas subespecies:[4]
Notas
editar- ↑ "Larvivora akahige". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2018.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2016. Consultado o 22 de setembro de 2018.
- ↑ Seki, Shin-Ichi (2006). "The origin of the East Asian Erithacus robin, Erithacus komadori, inferred from cytochrome b sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 39 (3): 899–905. PMID 16529957. doi:10.1016/j.ympev.2006.01.028.
- ↑ Sangster, G.; Alström, P.; Forsmark, E.; Olsson, U. (2010). "Multi-locus phylogenetic analysis of Old World chats and flycatchers reveals extensive paraphyly at family, subfamily and genus level (Aves: Muscicapidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 57 (1): 380–392. PMID 20656044. doi:10.1016/j.ympev.2010.07.008.
- ↑ 4,0 4,1 Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2016). "Chats, Old World flycatchers". World Bird List Version 6.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 20 May 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Larvivora akahige |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Larvivora akahige |