Larpeira
A larpeira é unha sobremesa da cociña galega que consiste nunha especie de bola doce con almibre e adornada con crema pasteleira. Os ingredientes principais desta torta son a fariña, o leite e os ovos. É típica das festas de san Xoán.[1]
Larpeira | |
Orixe | Galicia |
Gastronomía | Gastronomía de Galicia |
Ingredientes | |
Orixe animal | Ovo Leite |
Orixe vexetal | Fariña |
Condimentos | Azucre |
Esta sobremesa é típica da zona de Ferrolterra, da Coruña e tamén de Monforte de Lemos.[2]
A larpeira ten moitas semellanzas coa coca de Sant Joan que se fai en Cataluña.[3]
Características
editarA base desta torta é unha bola doce adornada con crema pasteleira e emborrachada con almibre.[1] Os ingredientes da bola son: azucre, leite, ovos, manteiga, fariña e crema pasteleira.
A larpeira ten máis traballo que outras sobremesas porque hai que preparar un prefermento, traballar con coidado a masa e despois hai que deixar que medre unhas catro horas máis. Mentres se espera a que a masa fermente, o habitual é preparar a crema pasteleira e o almibre para ir adiantando tempo.[1][4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Larpeira
- ↑ "10 dulces de la repostería tradicional gallega que desconocías". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 21 de maio de 2020.
- ↑ Larpeira gallega
- ↑ Tradición dulce de andar por casa