Abrir o menú principal

Larisa ( ou en grego Λάρισα), tamén coñecida coma Neptuno VII, é o quinto satélite máis interior de Neptuno. Foi bautizado co nome de Larisa, unha amante de Poseidón (Neptuno) na mitoloxía grega.

Larisa
Larissa.jpg
Dúas panorámicas de Larisa vistas pola Voyager 2.
Descubrimento
Descuberta por Harold J. Reitsema, William B. Hubbard, Larry A. Lebofsky, e David J. Tholen
Descuberta en 24 de maio do 1981
Características orbitais[1]
Época 18 de agosto do 1989.
Eixo semi-maior 73.548 ± 1 km
Excentricidade 0,001393 ± 0,00008
Período orbital 0,55465332 ± 0,00000001 d
Inclinación 0,251 ± 0,009° (respecto do ecuador de Neptuno)

0,205° (respecto do plano local de Laplace)

é satélite de Neptuno
Características físicas
Dimensións 216×204×168 kms (± ~10 kms)[2][3]
Radio medio 97 ± 3 kms[4]
Masa ~4,2 x 1018 kg (estimada)[5]
Densidade media ~1,2 g/cm3 (estimada)
Período de rotación asumida coma sincrónica
Oblicuidade da eclíptica ~presumiblemente cero
Albedo (xeométrico) 0,09[2][3][4]
Temperatura superficial ~51 K de media (estimada)
Atmosfera sen atmosfera

DescubrimentoEditar

Foi descuberto por Harold J. Reitsema, William B. Hubbard, Larry A. Lebofsky e David J. Tholen baseándose en observacións fortuítas das ocultacións feitas por Larisa das estrelas de "fondo"[6] que tiveron lugar o 24 de maio do 1981, dáselle a designación temporal de S/1981 N 1 e faise público o 29 de maio do 1981.[7] A lúa foi "recuperada" e confirmada coma un "único obxecto" dentro da órbita descrita previamente no ano 1981, esta confirmación obtívose tralo sobrevoo de Neptuno por parte da Voyager 2 no ano 1989,[8] recibiría pouco despois a designación adicional de S/1989 N 2, concretamente o 2 de agosto do 1989.[9] O anuncio de Stephen P. Synnott falaba de “10 fotogramas tomados en 5 días”, o cal ofrece unha data da "recuperación" algúns días antes do 28 de xullo. O nome oficial foi outorgado o 16 de setembro de 1991.[10]

CaracterísticasEditar

 
Mapa de Larisa

Larisa é de forma irregular (non esférica) e aparece cheo de cráteres de impacto, e sen signos aparentes de cambios xeolóxicos. Pouco se coñece desta lúa, e coma no caso doutros satélites situados entre Tritón e Neptuno, esta lúa semella ser unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial.[11]

A órbita de Larisa é case circular e por riba está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.

NotasEditar

  1. R.A. Jacobson e W.M. Owen Jr. (2004). "The orbits of the inner Neptunian satellites from Voyager, Earthbased, and Hubble Space Telescope observations". Astronomical Journal 128: 1412. doi:10.1086/423037. 
  2. 2,0 2,1 E. Karkoschka (2003). "Sizes, shapes, and albedos of the inner satellites of Neptune". Icarus 162: 400. doi:10.1016/S0019-1035(03)00002-2. 
  3. 3,0 3,1 Williams, Dr. David R. (22-01-2008). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Neptunian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 05-10-2011. Consultado o 13-12-2008. 
  4. 4,0 4,1 JPL (Solar System Dynamics), ed. (24-10-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 13-12-2008. 
  5. A masa estimada está baseada na nunha densidade asumida de 1,2 g/cm³, e un volume de 3,5 x 106 km³ obtida a través dun modelo detallado da fisionomía de Larisa feito por P.J. Stooke (1994). "The surfaces of Larissa and Proteus". Earth, Moon ad Planets 65: 31. doi:10.1007/BF00572198. 
  6. H.J. Reitsema; et al. (1982). "Occultation by a possible third satellite of Neptune". Science 215: 289–291. PMID 17784355. doi:10.1126/science.215.4530.289. 
  7. IAU Circular 3608 describing the discovery of S/1981 N 1
  8. B.A. Smith; et al. (1989). "Votager 2 at Neptune: Imaging Science Results". Science 246: 1422. PMID 17755997. doi:10.1126/science.246.4936.1422.  [na páxina 1435]
  9. IAU Circular 4824 describing the discovery of S/1989 N 2, 3, and 4
  10. "IAU Circular No. 5347". 16 de Setembro do 1991. Consultado o 10-04-2007. 
  11. D. Banfield and N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. doi:10.1016/0019-1035(92)90155-Z. 
 
Unha simulación de Larisa orbitando Neptuno. Os detalles da superficie son ficticios.

Véxase taménEditar