Ferrocarril de vía estreita

(Redirección desde «Largo métrico»)

O ferrocarril de vía estreita é un tipo de transporte ferroviario cuxo largo de vía é inferior ao estándar do transporte ferroviario (1435 mm). Normalmente é utilizado para liñas de carácter secundario.

Comparación entre largo internacional (en azul) e a vía estreita máis común (en vermello).

En España editar

En España a lexislación define como ferrocarril de vía estreita a todas aquelas liñas de ferrocarril que o seu ancho de vía sexa inferior a 1674 mm. A rede principal, de ferrocarril aglutinada e explotada por Renfe usa un largo de 1668 mm (o chamado "largo ibérico") a excepción do tren de alta velocidade, que ao manter un ancho de vía internacional (adoptado pola maioría de países europeos), de 1435 mm, entraría dentro dos considerados legalmente como de "vía estreita".

Entre as diferentes liñas de ferrocarril que completan a rede de transporte ferroviario español, a maioría delas manteñen un largo de 1000 mm. Destacan os seguintes ferrocarrís:

  • Largo métrico (1000 mm)

As liñas de Feve, dos FGC, a liña Llobregat-Anoia, FGV na Comunidade Valenciana, Serveis Ferroviaris de Mallorca e as liñas de Euskotren no País Vasco. Renfe explota unha liña de largo métrico entre Cercedilla e Los Cotos, pasando polo Porto de Navacerrada, como excepción dentro da rede.

  • Largo madrileño (1445 mm)

É o utilizado polo Metro de Madrid nalgunhas liñas.

O utilizado polas liñas do AVE, nalgunhas liñas do Metro de Madrid e na liña Barcelona-Vallès Occidental de FGC.

  • Largo de Sóller (914 mm)

O utilizado no Ferrocarril de Sóller, que une Palma e Sóller, en Mallorca.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar