Laila Pakalniņa

directora de cine letoa

Laila Pakalniņa, nada en Liepāja en 1962, é unha directora de cine letoa.

Infotaula de personaLaila Pakalniņa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Liepāja, Letonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLetonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Gerasimov de Cinematografía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cine , guionista , realizadora Editar o valor em Wikidata
Premios
Pizzas 2012, The Mail 1996, The Dome 1992, Palma de Ouro 2009, Oso de Ouro 2006, European Film Award 2004

IMDB: nm0657084 Allocine: 16136 Allmovie: p205640 TCM: 1274689 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na Universidade de Moscova, no Departamento de Televisón e Xornalismo. En 1991 gradúase no Instituto do Cinema de Moscova (VGIK) dentro do departamento de Dirección de Cine. Dirixiu e asinou o guión de 26 documentais, 6 curtametraxes e 5 películas de ficción. Cun total de 37 obras audiovisuais é unha cineasta aínda en activo. Está casada e ten dous fillos.

Pakalniņa sitúase entre os directores máis prolíficos de Letonia tralo guionizado e dirección das súas 37 películas. Caracterízaa o seu uso dunha mistificación do absurdo na comedia. Acadou o galardón do Oso de Ouro na Berlinale á mellor curtametraxe pola súa obra Udens. No seu filme documental Dream Land o equipo de produción explora mutacións animais que habitan os novos vertedoiros. O documental foi galardoado no European Film Awards.

Internacionalización editar

No 2014, Laila Pakalniņa internacionaliza a súa traxectoria coa coprodución do seu filme de ficción “Dawn”. A rodaxe comprendeu dende agosto até setembro do 2014 e levouse a cabo en territorio letón e polaco. O equipo de produción compartía o carácter internacional (guión e dirección: Laila Pakalniņa; cámara: Wojciech Staron (Polonia); dirección artística: Jurģis Krāsons; elenco: Vilis Daudziņš, Antons Grauds, Andris Keišs e Liene Šmukste).

A Unión Soviética, que ocupou Letonia durante a xuventude de Pakalniņa, acadou o seu apoxeo ideolóxico entre o 1950–1970. A historia da película transcorre entre o o luscofusco e o amencer e o destino de Jānis, un estudante exemplar da Letonia soviética e do programa soviético de pioneiros, e o seu pai. En nome da moral e da ideoloxía o rapaz traizoa o seu pai, inimigo do pobo e do cooperativismo agrícola. Porén será o propio pai o que apunte ao fillo cun arma. O transfondo da historia atopa ecos na mitoloxía grega e nos himnos soviéticos.

Laila Pakalniņa, recollendo o uso de tempos de gravación moi rítmicos obtén unha atmosfera surrealista e de ton apocalíptico nesta obra de ficción. Rodada en branco e negro. Debido á época na que foi rodada as follas das árbores presentan unha cor dourada moi en contraposición cos colares vermellos e camisas brancas dos soviéticos. Jurģis Krāsons proveu ao filme con obxectos de uso cotiá de época, cartóns de leite e botas de goma, para estilizar o estilo soviético da época na película.

Filmografía editar

Ficción editar

  • Dawn 2015
  • Picas 2012
  • Ķīlnieks 2006
  • Pitons 2003
  • Kurpe 1998

Curtametraxes editar

  • Klusums 2009
  • Akmeņi 2008
  • Uguns 2007
  • Ūdens 2006
  • Papa Gena 2002
  • Annas Ziemassvētki 1992

Documentais editar

  • Zirdzin, hallo! 2017
  • Ausma 2015
  • Hey, Rasma! 2015
  • A Dream of Snow 2014
  • Četrdesmit divi 2013
  • Sniegs 2012
  • 33 zvēri Ziemassvētki vecītim 2011
  • Pa Rubika ceļu 2010
  • Par dzimtenīti 2008
  • Teodors 2006
  • Leiputrija 2004
  • Autobuss 2004
  • Būs labi 2004
  • Mārtiņš 2002
  • Papa Gena 2001
  • Mostieties 2000
  • Ozols 1997
  • Ubāns 1995
  • Pasts 1995
  • Prāmis 1994
  • Baznīca 1993
  • Iešana 1991
  • Veļa 1991
  • Doms 1991
  • Izvēle 1990
  • Un 1988

Premios editar

Premio Ano
“The Dome”- premio no Video Festival Internacional de Bruxelas 1992
“The Mail” – Vila do Conde International Short Film Festival, Portugal 1996
European Film Awards por Dream Land 2004
Oso Dourado á mellor curtametraxe por Udens 2006
Palma Douro á mellor curtametraxe por Klusums 2009
“Pizzas”- Premio especial do xurado no festival de Cinema de Roma 2012


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar