O lago Kivu é un dos maiores lagos da África. Está situado na fronteira entre a República Democrática do Congo e Ruanda, na zona do Gran Val do Rift. O lago Kivu desauga no río Ruzizi, que segue para o sur e, á súa vez, desauga no Lago Tanganyika. O lago ficou coñecido como o lugar onde moitas das vítimas do xenocidio de Ruanda en 1994 foron tiradas.

Modelo:Xeografía físicaLago Kivu
(en) Lake Kivu Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoLago meromítico (pt) Traducir
lago Editar o valor en Wikidata
Parte deGrandes Lagos Africanos Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaRuanda Editar o valor en Wikidata
Mapa
 1°51′11″S 29°08′07″L / -1.8531, 29.1353
Afluentes
Efluente do lagoRío Ruzizi Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.463 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade485 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións48 (ancho) × 89 (lonxitude) km
Superficie2.700 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica7.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico500.000 hm³ Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O primeiro europeo en visitar o lago foi o conde alemán Gustav Adolf von Götzen en 1894.

Xeografía

editar

O lago Kivu é un dos tres lagos explosivos coñecidos, xunto ao lago Nyos e ao lago Monoun, no Camerún, os cales experimentan violentas erupcións. Unha análise da historia xeolóxica do lago Kivu indicou unha periódica extinción biolóxica masiva cada mil anos. Aínda que a composición química dos lagos explosivos é particular para cada caso, no lago Kivu detectouse metano e dióxido de carbono debido á interacción das súas augas cun volcán, o que podería causar unha catástrofe natural, ademais tendo en conta que aproximadamente dous millóns de persoas viven nas súas ribeiras.

Recentemente cóntase que o lago Kivu ten 55 millóns de metros cúbicos de gas metano disolto a unha profundidade de 300 metros. Agora, o goberno de Ruanda está destinando fondos para que un consorcio internacional extraia o gas.

 
Marxe do lado ruandés