Lago Eduardo
O Lago Eduardo ou Edward é o menor dos grandes lagos de África, situado no centro continente africano, no centro do Gran Val do Rift, na fronteira entre a República Democrática do Congo e Uganda, uns poucos quilómetros ao sur da liña do ecuador.
(en) Lake Edward | ||||
Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Eduardo VII do Reino Unido | |||
Parte de | Grandes Lagos Africanos | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional de Virunga | |||
Localización | ||||
País da cunca | República Democrática do Congo e Uganda | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Río Semliki | |||
Conca hidrográfica | Conca fluvial do Nilo | |||
Características | ||||
Altitude | 912 m | |||
Profundidade | 117 m | |||
Dimensións | 40 () × 77 () km | |||
Superficie | 2.150 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 12.096 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 39.500 hm³ | |||
Bautizouno o explorador Henry Morton Stanley no 1888, na honra do príncipe de Gales e posterior rei británico Eduardo VII do Reino Unido. Durante a ditadura de Idi Amin en Ugando, o lago tivo como nome oficial Lago Idi Amin, aínda que despois recobrou o seu nome inglés.
O lago recibe augas dos ríos Nyamugasani, Ishasha, Rutshuru e Rwindi. A desembocadura natural encóntrase no seu extremo norte, dende onde descende o río Semliki camiño do Lago Alberte. Ten outra vía de desaugadoiro polo canal Kazinga, que dirixe parte das augas caro o Lago Xurxo (Lake George), en dirección nordeste.
O lago está a 920 metros sobre o nivel do mar, ten unha superficie total de 2.325 km², sendo o décimo quinto lago de África polas súas dimensións, de 77 quilómetros de ancho por 40 de largo.
Ecoloxía
editarO Lago Eduardo é o hábitat de moitas especies de peixes, incluíndo o Bagrus docmac, o Sarotherodon niloticus, o Sarotherodon leucostictus, e máis de 50 especies de Haplochromis e Haplochromis e os seus parentes (dos cales só oito foron descritos). O Lago é unha base económica para moitos poboadores das costas do lago.
A fauna da zona, como son os chimpancés, elefantes, crocodilos e leóns está protexida por medio de parques nacionais como o Parque Nacional Virunga (no Congo) e Parque Nacional Queen Elizabeth en Uganda.
Notas
editar- World Lakes Database (en inglés).
- [https://web.archive.org/web/20080314015746/http://www.fao.org/fi/fcp/en/COD/BODY.HTM Arquivado 14 de marzo de 2008 en Wayback Machine. Páxina da FAO dedicada á administración de recursos lacustres (en inglés).