Labio (artrópodos)
O labio, tamén chamado labio inferior ou labium (esta última voz do latín científico) é a máis posterior das pezas bucais dos insectos e algúns miriápodos (sínfilos). Sitúase tras das maxilas e representa o chan da boca.
Usualmente leva un par de pequenos apéndices chamados palpos labiais (estruturas diferentes das de igual nome nos moluscos bivalvos).
O labio é unha peza impar resultado da fusión de dous apéndices, o segundo par de maxilas. Comprende as seguintes partes:
- Mento (ou mentum). Parte basal que conecta o labio coa cápsula cefálica.
- Hipofarinxe. Parte dorsal.
- Paraglosas. Parte apical.
- Palpos labiais. Proxecciónes laterais formadas por varios artellos.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |