Labro

parte da boca en insectos e crustáceos

En zooloxía, o termo labro, derivado do latín labrum, 'labio', 'beizo', é unha estrutura poresente en diversos grupos de invertebrados, como en insectos, miriápodos e crustáceos, e nos extintos trilobites.

Insectos, miriápodos e custáceos

editar
 
Desenvolvemento das pezas bucais nos insectos:
(A), saltón; (B), abella;, (C), bolboreta; (D) femia dun mosquito.
Lenda: a, antenas; c, ollo composto; lb, labio; LR, labro; MD, mandíbulas; mx, maxilar; hp, hipofarinxe. O labro, en vermello.

Nos insectos, miriápodos e crustáceos, o labro, tamén denominado labio superior, é un esclerito dorsal impar do aparato bucal que recobre as mandíbulas.

Trátase dunha dobra quitinosa que se proxecta na parte superior da cabeza, especialmente no clípeo, co que se une pola súa parte posterior mediante o chamado suco clípeo-labral, o que lle permite certa mobilidade, por enriba ou por siante da cavidade bucal, sobre as mandíbulas.[1]

Representa o teito da boca; na súa cara interna ou ventral localízase a epifarinxe, unha estrutura levemente esclerosada e provista de sedas sensoriais. A súa función é gustativa.

A forma primitiva do labro é ancha e aplanada, como nos ortópteros ou os coleópteros, pero nalgunhas ordes, como nos dípteros, está moi modificado.

Trilobites

editar

Nos trilobites denomínase labro a unha proxección cuticular impar, media, da cabeza, situada no lado ventral, cubrindo por detrás a boca.[2]

  1. labro, 2º artigo, en Garrido, Carlos (1997).
  2. labro, 1º artigo, en Garrido, Carlos (1997).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar