A promesa

(Redirección desde «La promesa»)

A promesa (en castelán: La promesa) é un filme español de 2004 dirixido por Héctor Carré. Está protagonizado por Carmen Maura.

A promesa
Ficha técnica
Título orixinalLa promesa
DirectorHéctor Carré
GuiónHéctor Carré
José Antonio Félez
IntérpretesCarmen Maura
Ana Fernández
Juan Margallo
MúsicaSuso Rey
Manuel Varela
FotografíaJuan Carlos Gómez
EstudioTesela P.C.
Pórtico de comunicación
DistribuidoraAlta Classics
Estrea13 de agosto de 2004
Duración104 minutos
OrixeEspaña España
XéneroSuspense
Orzamento2 000 000 € (estimado)
Recadación335.864,56 €[1]

Sinopse editar

Despois de matar ó seu marido maltratador e infiel, a ama de casa relixiosa e esquizofrénica Gregoria abandona Madrid e viaxa a Galicia para visitar unha igrexa onde un descoñecido lle dixo que todos deberían ir, vivos ou mortos. Cando Gregoria chega, salva a vida do neno Daniel e a súa nai Dorita en agradecemento invítaa a xantar na súa casa. Gregoria cambia o seu nome a Celia e acepta traballar como neneira e camareira de Dorita e o seu marido disfuncional Leandro. O comportamento violento de Leandro desencadea un proceso de tolemia en Celia, que é perseguida por demos e pantasmas.

Personaxes editar

Notas editar

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de A promesa". Consultado o 17 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar