La bogeria é unha novela escrita en lingua catalá por Narcís Oller e publicada en 1899. Está escrita con técnicas naturalistas, e de acordo coa lei da herdanza e a influencia dun medio opresivo, Oller presenta unha problemática de análise psicolóxica e de moral social.

La bogeria
Capa da edición de 1929
Autor/aNarcís Oller
OrixeCataluña
Linguacatalán
Xénero(s)Novela
EditorialAntonio López
Data de pub.1899
editar datos en Wikidata ]

É un estudo psicolóxico das doenzas mentais e das súas consecuencias sociais desde tres puntos de vista: a actitude humanitaria do narrador (que tamén é un dos personaxes), a actitude popular ante a tolemia dun dos amigos do doente, e a actitude científica e positivista dun doutor. A novela ten dúas características esenciais: o obxectivismo creado polos diferentes puntos de vista, e o determinismo biolóxico (a vida do doente está determinada polo ambiente) e social (doenza marcada pola xenética: pai demente e suicida, nai mística e histérica, unha irmá malformada e epiléptica e outra ninfómana). La bogeria é unha novela programática, próxima aos casos científicos tratados per Émile Zola.

Escrita en Puigcerdà no verán de 1898, está considerada a obra culminante da súa produción, e a máis importante xunto á novela Pilar Prim. Está baseada nun feito real, a morte dun cliente de Oller.

Contexto editar

 
Litografía de lán Mariano Foix de 1900.

Con esta obra Oller pechu o ciclo iniciado con Vilaniu e seguido por La febre d'or, que ten como precedente inmediato a "comedia total" segundo os esquemas de Balzac. Nas tres novelas a trama está ambientada en Barcelona e Vilaniu; algúns personaxes reaparecen aínda que mudados de ambiente, e nas tres se establecen as relacións entre a cidade e o campo.

Estrutura editar

La bogeria está formada por 9 capítulos estruturados en tres bloques de tres capítulos: no primeiro preséntase ao protagonista, Daniel Serrallonga; no segundo explícase o seu proceso de alienación; no último móstranse as consecuencias da alienación.

Tema editar

A novela trata como tema principal e global a descrición e as consecuencias da tolemia, centrándose na doenza e non no individuo. Con todo, aparecen outros temas secundarios enlazados.

Espazo editar

A acción desenvólvese principalmente en Barcelona. No terceiro capítulo afástase do ambiente urbano cando os personaxes visitan Vilaniu (aldea ficticia, que se supón reflexo de Valls). Tamén aparecen outros espazos que xogan un papel importante, pero que sempre forman parte dun recordo. O marco xeral da novela non se desenvolve nunha Barcelona xenérica, senón que se centra en diferentes espazos concretos, como La Rambla. No caso de Vilaniu, os paralelismos coa realidade de Valls son menos evidentes, pero tamén se atopan. Oller escribía seguindo os eixes de espazo e tempo cos que quería ambientar a novela cun estudo serio da época histórica e da toponímia que lle permiten reflectir con fidelidade a realidade emprazada.

Tempo editar

O tempo da obra é lineal, aínda que non segue totalmente a liña dos feitos. A novela segue dúas liñas de tempo diferenciadas, que só conflúen no primeiro e no último capítulo e nalgúns breves momentos puntuais no percorrer do resto da historia. Por unha banda, a liña de tempo da explicación dos feitos que configuran a novela, e por outra, a que explica estes feitos. Mediante referencias directas ou indirectas dos feitos que lle suceden ao protagonista, fanse alusión ao pasado desde o presente narrativo.

Os capítulos 1, 2 e 4 caracterízanse polo uso de formas verbais en pasado, mudando ao presente nos puntos culminantes para pór énfase en certos feitos. Este recurso literario non se repite agás no capítulo nove, onde tamén abundan os presentes pero neste caso por unha aseveración atemporal.

A novela desenvólvese desde principios de 1868 até setembro de 1883, con saltos no tempo variables entre capítulos (unhas horas entre o 4º e o 5º, e seis anos entre o 6º e o 7º). Por mor da acumulación de tempos marcados co paso do tempo, o autor propicia un anacronismo no oitavo capítulo: a pesar de que está situado en 1881, fálase en pasado do "crac" da bolsa, que tivo lugar a finais de 1882.

Linguaxe editar

A lingua é un dos aspectos máis particulares da obra de Oller, e unha das ramas polas que recibiu maiores críticas, de autores como Agustí Calvet i Pascual.

Narcís Oller comezou a escribir de forma tardía prosa en catalán, e asumiu para a novela realista unha linguaxe afastada da linguaxe arcaica dos Jocs Florals e próxima á realidade lingüística catalá, reproducindo unha linguaxe coloquial propia do movemento do «català que ara es parla». Froito desta linguaxe coloquial, foi criticado polo gran número de castelanismos léxicos (camelo, calabosso, assessino), marcados na súa maior parte en cursiva polo propio autor co propósito de intentar apoiar a tendencia dos personaxes de usar novos termos para designar realidades novas e que se perciben como innovadoras. Tamén hai numerosos vulgarismos (istil ou ideies) e calcos sintácticos e morfolóxicos do castelán (uso do artigo lo en sentido neutro). Esta intencionalidade no uso de incorreccións lingüísticas viuse recalcada cando o autor decidiu mantelas cando se editaron as súas obras completas en 1928, fronte á tendencia que propuña adaptar a súa obra á normativa do Institut d'Estudis Catalans.

Personaxes editar

Daniel Serrallonga editar

É un protagonista ausente, xa que se fala del ao longo da novela, pero apenas aparece ao inicio e ao final.

O narrador editar

É un personaxe importante, pois a historia de Daniel Serrallonga aparece narrada desde o seu punto de vista. É un personaxe anònimo e non descrito fisicamente, fronte á descrición psicolóxica que se pode extraer das súas opinións. Encárgase de transmitir a historia e opinar dela desde unha visión sentimental, idealista e humanista, en contraposición ás opinións científicas e deterministas de Giberga.

Armengol editar

Avogado e amigo de Daniel Serrallonga, trata a súa doenza con dureza e sarcasmo, ríndose del.

Pròsper Giberga editar

É o fillo do médico da familia Serrallonga, e no inicio da novela está estudando medicina. Desde o comezo pensa que Serrallonga está tolo, pero argumenta a súa opinión de maneira científica, baseándose en que herdou a doenza do seu pai, que tamén está tolo.

Outros personaxes editar

Amais dos personaxes principais aparecen diversos personaxes secundarios, como os familiares de Daniel e do narrador, ou veciños e veciñas de Vilaniu.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar