La Verdad foi un bisemanal publicado en Vigo en 1881.

La Verdad
LocalidadeVigo
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu o 30 de marzo de 1881, bisemanal, publicábase os martes e venres. Estaba dirixido por Ramón Pimentel Méndez e Federico Rodríguez Arosa e entre os seus colaboradores figuraban Benito Crespo e Nazario Lence. Foi portavoz do mais extremo republicanismo, que apoiaba a loita do proletariado galego. Caracterizouse polas duras polémicas co Faro de Vigo. Cesou a súa publicación aos cinco meses, publicáronse uns corenta números.

Nas súas páxinas comezou o traballo xornalístico Ricardo Mella, que foi denunciado por inxurias por José Elduayen por un artigo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar