La Première
La Première (estilizado La 1ère; en galego, A Primeira) é unha emisora de radio suíza en lingua francesa pertencente á cadea pública Radio Suisse Romande (RSR). Iniciou as súas emisións o 30 de setembro de 1922. Desde 1984 a súa programación é xeneralista, baseada en emisións informativas, musicais e culturais. A súa sede e estudios atópanse en Lausana.
La Première | |
---|---|
Localización | Lausana, Suíza |
Área de radiodifusión | Suíza |
Primeira emisión | 30 de setembro de 1922 |
Formato | FM, Internet, DAB |
Lingua(s) | Francés |
Clase | Radio pública |
Propietario | Radio Télévision Suisse |
Estacións irmás | Option Musique, Espace 2 e Couleur 3 |
Na rede | |
Webcast | |
http://programmesradio.rts.ch/la-1ere | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Difusión editar
La Première emite en Suíza a través de FM, DAB, por satélite (Hot Bird), por cable e Internet. Algúns dos seus programas proporciónanse coma un podcast.