La Libertad (Betanzos)

La Libertad foi un periódico editado en Betanzos en 1886.

TraxectoriaEditar

Apareceu o 1 de maio de 1886. Bisemanario republicano que saía os mércores e os sábados. Creado e dirixido por Roque Ponte Peña. Entre os seus colaboradores figurou Fernando García Acuña. Imprimíase nos obradoiros tipográficos de Ángel Amenedo Ponte. Publicou unha "galería de hombres ilustres de Betanzos" obra do erudito local Jesualdo Martínez Santiso. Inseriu tamén unha obra novelística de ambiente galego en forma de folletín.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. p. 604. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externasEditar