LU-539

estrada autonómica galega de Viveiro (LU-862) a Viveiro (LU-540) - (Lugo)

A estrada LU-539, tamén coñecida popularmente como variante de Viveiro, é unha estrada comarcal administrada pola Xunta de Galicia que discorre integramente no municipio de Viveiro, na provincia de Lugo.

LU-539

Vista de conxunto da LU-539 desde San Roque
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude0,99 km
Localización
Inicio LU-862  Viveiro
Fin LU-540  Viveiro

Características editar

Esta estrada discorre de norte a sur, unindo a estrada LU-862 á altura da Capela da Misericordia coa estrada LU-540, preto da estación ferroviaria de Feve Viveiro, cun percorrido total de 990 metros.

O seu trazado é paralelo á liña de ferrocarril Ferrol-Xixón, evitando así que os vehículos pasen polo centro urbano. A pesar de que se deseñou como unha estrada variante de poboación, menos dunha década despois de inaugurarse quedou obsoleta polo tráfico diario que soporta, planificándose que o seu labor de variante pase a ser desenvolvido pola Vía de Alta Capacidade da Costa Norte.