LCD Soundsystem

LCD Soundsystem é unha banda estadounidense de dance-punk formada en Nova York no ano 2001. Estivo liderada polo compositor, cantante e produtor estadounidense James Murphy, co-fundador do selo discográfico DFA Records. O grupo publicou tres álbums aclamados pola crítica, LCD Soundsystem, Sound of Silver e This Is Happening, entrando os dous últimos no top 10 das listas da Billboard.

LCD Soundsystem
LCD Soundsystem - Roskilde Festival 2010.jpg
OrixeNova York, Flag of the United States.svg
Período2001 - 2011
2015 - presente
Xénero(s)dance punk, indie rock, electrónica
Selo(s) discográfico(s)DFA Records, Capitol/EMI Records, Virgin/EMI Records
MembrosJames Murphy
Nancy Whang
Tyler Pope
Pat Mahoney
Gavin Russom
Al Doyle
David Scott Stone
Artistas relacionadosArcade Fire, Franz Ferdinand
Páxina weblcdsoundsystem.com

O 5 de febreiro do 2011 publicouse unha declaración na páxina web da banda que anunciaba a discolución tras un concerto de despedida, que tería lugar o día 2 de abril no Madison Square Garden. A derradeira actuación de LCD Soundsystem quedou documentada no vídeo Shut Up and Play the Hits.

Tras unha serie de rumores insinuando unha posible reunión da banda, LCD Soundsystem publicou o sinxelo "Christmas Will Break Your Heart" en decembro de 2015, sendo o seu primeiro sinxelo dende "Throw", lanzado en 2010. LCD Soundsystem posteriormente confirmou o seu regreso e anunciou unha longa xira, incluíndo aparicións nos festivais de Coachella, Lollapalooza, Outside Lands e Glastonbury. A banda tamén confirmou a gravación dun novo álbum de estudio que será publicado ao longo do ano 2016.

DiscografíaEditar

 
LCD Soundsystem, 2016
Álbum Ano Selo
LCD Soundsystem 2005 DFA Records
Sound of Silver 2007 DFA/Capitol
This Is Happening 2010 DFA/Virgin
American Dream 2017 DFA/Columbia

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar