Pericardio

(Redirección desde «Líquido pericárdico»)

O pericardio é a envoltura fibrosa do corazón.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Estrutura externa do pericardio

editar

No pericardio falamos dunha cara anterior, unha posterior, dúas caras laterais, unha base e un vértice.

  • Cara anterior: na idade infantil relaciónase co timo. Está en relación coa parte posterior do esterno, as costelas, as cartilaxes costais, os espazos intercostais e os músculos intercostais.
  • Cara posterior: o pericardio áchase pegado ó esófago. Tamén se relaciona aquí coa arteria aorta torácica descendente, coa vea ácigos e co conduto torácico.
  • Caras laterais: relaciónanse ambas coa arteria e vea pericardiofrénicas e co nervio frénico.
  • Base: en contacto co centro frénico do diafragma e coa entrada ó corazón da vea cava inferior.
  • Vértice: relaciónase coa entrada da vea cava superior e coa saída das arterias aorta e pulmonar.

Estrutura interna do pericardio

editar

O pericardio está formado por dúas capas: unha externa ou fibrosa e outra interna ou serosa. Ó mesmo tempo, a capa interna presenta dúas capas: unha visceral, pegada ó corazón, e outra parietal, pegada á capa externa pericárdica.

Entre as dúas capas, externa e interna, hai un espazo virtual, que se fai evidente na pericardite.

Vascularización do pericardio

editar
  • Arterias que irrigan o pericardio: arterias pericardiofrénicas, esofáxicas e bronquiais. Na idade infantil, tamén as tímicas
  • Veas que drenan o pericardio: veas pericardiofrénicas, esofáxicas e bronquiais. Na idade infantil, tamén as tímicas
  • Vasos linfáticos que drenan a linfa do pericardio: ganglios pericardiofrénicos, ganglios mediastínicos e os esofáxico-bronquiais.

Innervación

editar

É de dous tipos: extrínseca, de fibras que veñen de fóra, e intrínseca, de fibras propias do corazón.

Líquido pericárdico

editar

O líquido pericárdico é o líquido seroso segregado pola capa serosa do pericárdio na cavidade pericárdica. O pericárdio está constituído por dúas capas - unha capa fibrosa externa e unha capa fibrosa interna. Esta capa serosa presenta dúas membranas que encerran a cavidade pericárdica, para a cal é segregado o líquido pericárdico. O líquido é semellante ó líquido cefalorraquídeo do cerebro, amortiguando e permitindo o órgano moverse.[1] En condicións normais pode atopa-se preto de 10 a 50 ml de líquido no espazo pericárdico. O líquido pericárdico normal é amarelo-pálido. A acumulación de líquido seroso ó redor do corazón leva a designación de derrames pericárdicos. O procedemento de retirada do exceso de fluído pericárdico, a pericardiocentese, é perigoso e, polo tanto, rara vez realizado.[2]

  1. Britannica encyclopedia (ed.). "Pericardial fluid". Consultado o 14 de julho de 2017. 
  2. Lillian A. Mundt, Kristy Shanahan (2016). Artmed Editora, ed. Exame de Urina e de Fluídos Corporais de Graff - 2ª Edição. p. 247. ISBN 8536326905. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar