Léon Gaston Seurat

zoólogo e parasitólogo francés

Léon Gaston Seurat, nado en Châlons-en-Champagne o 27 de abril de 1872 e finado en Bir Mourad Raïs (Alxeria) o 5 de xullo de 1949[1], foi un zoólogo, naturalista, parasitólogo e profesor universitario francés.[2] coñecido polas súas investigacións sobre a fauna nativa da Polinesia francesa e do norte de África.

Léon Gaston Seurat
Nacemento27 de abril de 1872
Lugar de nacementoChâlons-en-Champagne
Falecemento5 de xullo de 1949
Lugar de falecementoBir Mourad Raïs
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónzoólogo, naturalista, parasitólogo, profesor universitario
Coñecido pordescritor do xénero Wuchereria
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

En 1899 presentou a súa tese de doutoramento sobre himenópteros entomófagos na Universidade de París. Desde 1902 a 1905 traballou como naturalista nos mares do sur, sobre todo nas illas Tuamotu e Gambier.[3] En maio de 1906 comezou a traballar como zoólogo no laboratorio da Biologie appliquée aux colonies.[4] Máis adiante foi nomeado profesor de Zooloxía na Universidade de Alxer.[3]

Algunhas publicacións Editar

  • Observations sur la Structure, la Faune et la Flore de l'Ile Marutea du Sud, 1903.
  • Observations sur l'évolution de l'huître perlière des Tuamotu et des Gambier, 1904.
  • Observations sur quelques îles orientales de l'Archipel Tuamotu, 1904.
  • Tahiti et les établissements français de l'Océanie, 1906.
  • Sur un nouvel Ophiostonum parasite du Gundi, 1915.
  • Sur deux nouveaux Spiroptères des carnivores, 1915.
  • Physaloptères des Mammifères du Nord-Africain, 1917.
  • Faune des eaux continentales de la Berbérie, 1921.
  • Exploration zoologique de l'Algérie de 1830 à 1930, 1930.
  • Exploration zoologique des côtes de l'Algérie de 1724 à 1930, 1930.
  • Exploration zoologique des côtes de l'Algérie orientale secteurs de Bône et de La Calle, 1937.
  • Faune des eaux continentales de la Tunisie (eaux superficielles), 1944.

Honores Editar

Epónimos Editar

Varios taxons foron nomeados na súa honra,[4] entre eles Acomys seurati, Perinereis seurati, unha especie de anélido descrita por Charles Gravier en 1905,[5] e Calcinus seurati, un crustáceo descrito en 1951 por Jacques Forest.[6]

Abreviatura Editar

A abreviatura Seurat emprégase para recoñecer a Léon Gaston Seurat como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía e botánica.[7]

Notas Editar

  1. "Léon-Gaston Seurat". BNF. 
  2. Seurat, Léon Gaston (1872-1949) en www.idref.fr.
  3. 3,0 3,1 IDREF.fr bibliography
  4. 4,0 4,1 Archive.org Full text of "Bulletin du Museum national d'histoire naturelle"
  5. WoRMS (2014). G. Read & K. Fauchald, ed. "Perinereis seurati Gravier, 1905". World Polychaeta database. World Register of Marine Species. Consultado o 2014-04-30. 
  6. iNaturalist.org Seurat's Hermit Crab
  7. Seurat – Léon Gaston Seurat (1872-1949) no IPNI.