Lágrimas na chuvia

"Lágrimas na chuvia" (Tears in rain), tamén chamado "The C-Beams Speech" (O discurso dos raios-C),[1] é un breve monólogo do replicante Roy Batty (interpretado por Rutger Hauer) no filme Blade Runner de Ridley Scott. A forma final do monólogo, alterada dende a versión do guión e improvisada por Hauer a véspera do día de gravación,[2][3] chegou a ser considerada dentro da cultura popular como "o soliloquio de morte máis emotivo na historia do cinema",[4] converténdose nunha das pezas da escrita de ciencia ficción máis citadas.[5]

Guión e improvisación editar

No filme Blade Runner, o replicante Roy Batty, interpretado por Rutger Hauer, estando a piques de morrer fai este monólogo diante do protagonista Deckard, interpretado por Harrison Ford, momentos despois de salvalo dunha caída dende un alto edificio. Batty bota este discurso no medio dunha choiva torrencial, intres antes de falecer:

No documental Dangerous Days: Making Blade Runner, Hauer, Ridley Scott e o guionista David Peoples comentan como Hauer escribiu este soliloquio. Había versións anteriores do discurso nos guións de proba de Peoples, e un deles incluía a frase "I rode on the back decks of a blinker and watched C-beams glitter in the dark, near the Tannhäuser Gate"[6] Na súa autobiografía, Hauer afirmou que se limitou a reducir o discurso orixinal do guión en varias liñas, engadindo só a derradeira frase "All those moments will be lost in time, like tears in rain",[7] aínda que o guión orixinal, amosado no documental, antes da revisión de Hauer non amosa a "Porta de Tannhäuser":[8]

I have known adventures, seen places you people will never see, I've been Offworld and back...frontiers! I've stood on the back deck of a blinker bound for the Plutition Camps with sweat in my eyes watching the stars fight on the shoulder of Orion. I've felt wind in my hair, riding test boats off the black galaxies and seen an attack fleet burn like a match and disappear. I've seen it...felt it!

Hauer describiu este discurso orixinal como "fala de ópera" e "discurso de alta tecnoloxía", sen relevancia para o resto do filme, polo que "pasoulle o coitelo" a noite anterior á gravación, sen que Scott o soubese.[8] Nunha entrevista con Dan Jolin, Hauer afirmou que estas liñas finais amosan que Batty procuraba "deixar a súa marca na existencia... o replicante na escena final, ó morrer, amósalle a Deckar de que está feito un home real."[9] Cando Hauer interpretou a escena na gravación, o equipo de rodaxe aplaudiu e algúns dos membros chorou.[10]

A Porta de Tannhäuser editar

"A Porta de Tannhäuser" é un lugar mencionado soamente neste discurso, sen máis explicacións no filme. Dende a mención orixinal, foi reutilizada en varias ocasións noutros subxéneros da ciencia ficción.[11] O nome deriva probablemente da ópera de Richard Wagner sobre o lendario cabaleiro e poeta medieval alemán Tannhäuser.[12] Joanne Taylor, nun artigo sobre o film noir e a súa epistemoloxía, remarca a relación entre a ópera de Wagner e a referencia de Batty no filme, suxerindo que Batty se aliña a si mesmo co Tannhäuser de Wagner, unha personaxe que caeu en desgraza cos homes e con Deus. Taylor afirma que ámbolos dous son personaxes ós que o seu destino escapa do seu control.[12]

Recepción da crítica editar

Sidney Perkowitz, nun artigo para Hollywood science, louvou o discurso afirmando que "Se hai un gran discurso na ciencia ficción, son as últimas palabras de Batty", engadindo que o discurso "subliña as características case humanas do replicante mesturadas coas súas capacidades artificiais".[13] Jason Vest, para Future Imperfect: Philip K. Dick at the Movies, louvou a entrega do discurso, indicando que "a hábil actuación de Hauer rompe o corazón na súa xentil evocación de memorias, experiencias e paixóns que conduciron a breve vida de Batty".[14]

Notas editar

  1. Blade Runner: The Final Cut (Comentarios do autor). Ridley Scott. Warner Bros. 2007 [1982]. 
  2. Ridley Scott; Laurence F Knapp; Andrea F Kulas (2005). Ridley Scott: interviews. University Press of Mississippi. p. 103. ISBN 9781578067251. OCLC 55887293. 
  3. Jim Krause (2006). Type Idea Index. p. 204. ISBN 9781581808063. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2017. Consultado o 02 de outubro de 2016. 
  4. Mark Rowlands (2003). The philosopher at the end of the universe. pp. 234–235. ISBN 978-0091903886. Roy then dies, and in perhaps the most moving death soliloquy in cinematic history... 
  5. Mark Brake; Neil Hook (2008). "Different engines". Scientific American (Palgrave Macmillan) 259 (6): 163. Bibcode:1988SciAm.259f.111E. ISBN 9780230553972. doi:10.1038/scientificamerican1288-111. 
  6. Hampton Fancher & David Peoples (23 February 1981). "Blade Runner Screenplay". Consultado o 11 March 2010. 
  7. Rutger Hauer & Patrick Quinlan (2007). All Those Moments: Stories of Heroes, Villains, Replicants and Blade Runners. HarperEntertainment. ISBN 978-0-06-113389-3. 
  8. 8,0 8,1 Abbott, Andrew (2000). On the Edge of Blade Runner. Channel 4. 
  9. Laurence Raw (2009). The Ridley Scott encyclopedia. p. 159. ISBN 9780810869523. 
  10. "The top 10 film moments - 6: Blade Runner — Batty's dying speech in the rain". The Observer. 6 February 2000. Consultado o 6 October 2014. 
  11. Hicham Lasri, Static, ISBN 978-9954-1-0261-9, ff 255
  12. 12,0 12,1 Taylor, Joanne (2006). 'Here's to Plain Speaking': The Condition(s) of Knowing and Speaking in Film Noir. Florida Atlantic Comparative Studies 48. pp. 29–54. ISBN 9781581129618. 
  13. S. Perkowitz (2007). Hollywood science. Columbia University Press. p. 203. ISBN 9780231142809. 
  14. Jason P. Vest (2009). Future Imperfect. University of Nebraska Press. p. 24. ISBN 0803218605.