Abrir o menú principal

Tannhäuser foi un cabaleiro e poeta alemán morto no 1265 que, segundo as lendas alemás, fundou o Venusberg, o fogar subterréneo de Venus e durante un ano estivo alí dándolle culto. Tras arrependirse peregrinou a Roma, onde o papa Urbano IV lle dixo que era tan imposible concederlle o perdón como ver reverdecer a súa caxata de peregrino. Algunhas versións contan que, durante o seu camiño de volta, a súa caxata se cubriu de follas; outras, que se arrepentiu e foi a parar a Terra Santa, onde morreu. A lenda fíxoa famosa a ópera Tannhäuser de Richard Wagner.