Kyle Hill

baloncestista estadounidense

Kyle Eric Hill, nado o 7 de abril de 1979 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 1,90 metros xogaba nas posicións de base e escolta.

Kyle Hill
Información persoal
Nacemento 7 de abril de 1979 (45 anos)
Illinois Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,90 m (6 ft 2.75 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Argo (Summit, Illinois)
Universidade Eastern Illinois (1997–2001)
NBA Draft 2001 / Rolda: 2 / Elección: 43
Por Dallas Mavericks
Carreira 2001–2012
Historial de equipos
ASVEL Basket (2001–2002)
Pau-Orthez (2002–2003)
AEK Atenas (2003)
Pallacanestro Biella (2003–2004)
Zadar (2004–2005)
Snaidero Udine (2005–2006)
Girona (2006)
Bosna (2007)
Snaidero Udine (2008)
Lucentum Alicante (2008–2010)
Hemofarm (2010)
Ourense (2012)

Traxectoria profesional editar

Hill foi escollido na 43ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Dallas Mavericks, e foise a xogar a Europa onde asinou co ASVEL Basket francés, onde acadou 13.4 puntos por encontro e gañou a copa francesa. Tras un ano no ASVEL, Hill asinou por outro equipo francés, o Pau-Orthez, onde fixo 9.5 puntos por partido en 25 minutos de xogo por encontro.

O 30 de xullo de 2008, Hill asinou co CB Lucentum Alicante da Liga LEB Ouro,[1] co que ascendeu á Liga ACB en 2009. O 1 de marzo de 2010, o club alicantino rescindiu o contrato de Hill.[2]

O 23 de xaneiro de 2012, Hill asinou co Club Ourense Baloncesto da LEB Ouro ata final de tempada.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar